Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Bases para a interpretación do coñecemento científico | Código | 750G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A19 A20 B1 B3 B8 B11 | PROBA OBXETIVA individual na que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos. (nota máxima final da materia= 0.7 puntos) | 7 |
Solución de problemas | A19 A20 B8 C7 C11 C13 | TRABALLO TUTELADO que corresponde á parte da materia de investigación cuantitativa (4 ECTS). Se realizarán probas de avaliación e boletíns de exercicios prácticos que se deben resolver de xeito individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados (nota máxima final da materia= 2.1 puntos). Valorarase: - A entrega da totalidade dos traballos propostos - A adecuación das respostas proporcionadas - A presentación e a claridade na descrición dos resultados - A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web axeitados para a resolución do problema No caso de detectar traballos ou respostas as preguntas coincidentes doutros ou coincidentes entre eles non se puntuarán. |
21 |
Proba mixta | A18 A19 A20 B3 B8 B11 C6 C11 | PROBA OBXETIVA: Na parte correspondente á materia de investigación cuantitativa (4 ECTS) realizarase unha proba escrita (nota final máxima da materia 4.2 puntos) que poderá incluír preguntas de resposta múltiple e/ou resposta breve e/ou resolución de exercicios de análise estatística de datos e interpretación de resultados, sobre os contidos desenvolvidos na materia Na parte correspondente á materia de investigación cualitativa (2 ECTS) realizarase unha proba final que terá unha puntuación máxima de 7 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 2 puntos). Será necesario acadar unha calificación mínima de 3.5 puntos (sobre 7) na proba final para poder superar a materia. |
62 |
Aprendizaxe colaborativa | A18 B3 B8 B21 C13 | APRENDIZAXE COLABORATIVA. Esta actividade corresponde á parte da materia de investigación cualitativa (2 ECTS) e a súa realización será de carácter obrigatorio. Consiste en realizar en grupos de 5 estudantes unha búsqueda de 2 artigos, un en castelán e outro en inglés, de investigación cualitativa, coa finalidade de levar a cabo unha análise metodolóxico dos artigos e unha posterior presentación na aula. Esta actividade terá unha puntuación máxima de 3 puntos sobre 10 puntos (nota final máxima da materia 1 punto). Será necesario acadar unha calificación mínima de 1.5 puntos (sobre 3) na actividade para poder superar a materia. | 10 |
Observacións avaliación | |||
NOTA IMPORTANTE: A materia Bases para a Interpretación do Coñecemento Científico consta de 2 bloques:
A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10.
1. Proba mixta -> representará o 70% de este bloque. E imprescindible alcanzar ó menos unha puntuación de 3.5 sobre 7 no exame para facer media cos outros compoñentes da avaliación de este bloque. 2. Traballo tutelado -> representará o 30% de este bloque. E imprescindible alcanzar ó menos unha puntuación de 1.5 sobre 3 no traballo tutelado para facer media cos outros compoñentes da avaliación de este bloque.A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10 Para aprobar a materia é necesario superar cada unha das 2 partes individualmente. A nota final calcularase en función ao peso en créditos ECTS de cada unha das partes. No caso de que non se supere unha das dúas partes da materia, a nota que figurará será a calificación obtida tras a ponderación de cada parte si é inferior a 5 puntos, noutro caso a nota será a obtida na parte suspensa. Na 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da misma convocatoria. 1ª MATRÍCULA (PRIMEIRA Y SEGUNDA OPORTUNIDADE): Metodoloxía cuantitativa: A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/as alumnos/as de matrícula ordinaria en primeira e segunda oportunidade. En caso de non realizar algunha das actividades de avaliación continua (solución de problemas e prácticas a través de TICs), estas serán cualificadas con 0 puntos á hora de obter a nota final segundo as porcentaxes anteriores. Poderanse ter en conta outros aspectos e criterios na avaliación das actividades que se realizarán: asistencia, participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contenidos abordados, coñecementos demostrados nas probas e exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta asignatura. Metodoloxía cualitativa: na primeira oportunidade, o alumnado de primeira matrícula deberá realizar o traballo tutelado e a proba final. Para superar esta parte da materia terá que aprobar o traballo tutelado e a proba final de forma independente. Na segunda oportunidade, ao alumnado de primeira matrícula que superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, se lle manterá a nota do mesmo e poderá presentarse á proba final, na que deberá acadar unha calificación mínima de 5 puntos para superar esta parte da materia. Na segunda oportunidade, o alumnado de primeira matrícula que non superase o traballo tutelado na primeira oportunidade, poderá presentarse a unha proba final na que terá que obter unha calificación mínima de 5 puntos. 2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA: Os/as estudantes poderán solicitar dispensa académica. Os/as estudantes de matricula parcial ou dispensa académica de asistencia deberán poñerse en contacto coas profesoras ao inicio do curso. Metodoloxía cuantitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse ao sistema de avaliación establecido para primeira matrícula. De non facelo, poderá superar a materia únicamente mediante a avaliación do examen. Para iso, multiplicarase a nota do exame final por un factor corrector de 0,8 e o resultado será a calificación que figurará en acta. O/a alumno/a deberá comunicar as docente da materia que opta por esta opción de avaliación antes da oportunidade de xuño ou xullo. Metodoloxía cualitativa: o alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse a unha das seguintes opcións de avaliación: 1) Realizar o traballo tutelado e a proba final, tendo que superar ambas actividades de forma independente, ou 2) Presentarse a unha proba obxectiva na que deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA: Metodoloxía cuantitativa: os/as alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas na Xunta de Facultade. A puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10. Metodoloxía cualitativa: a avaliación consistirá nunha proba obxectiva sendo necesario acadar 5 puntos sobre 10 para superar a materia. MATRICULA DE HONRA: Se outorgará ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas unha vez ponderadas e sumadas as dúas partes da materia. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os/as aspirantes poderán ser convocados/as a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores calificacións. NON PRESENTADO: A calificación de Non Presentado corresponderá ao/á estudante que non realizase a proba mixta na parte de investigación cuantitativa e/ou que non realizase a proba final na parte de investigación cualitativa. FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. SICUE, ERASMUS e BILATERAL O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas docentes ao comezo das distintas partes da materia. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula ordinaria. |