Para axudar a conseguir
unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número
5:
“Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan
de Acción Green
Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que
se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en
formato dixital sen necesidade
de imprimilos,
no caso de se realizar en papel:
non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre
cara, empregarase papel reciclado
e evitarase a impresión
de borradores.
- Débese facer un uso
sostible dos recursos
e a prevención de impactos negativos sobre
o medio natural tendo en
conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade
nos
comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas
ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria.
Esta
materia ten en conta as recomendacións de PERSOA E IGUALDADE DE XERO: - Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando
pola non utilización dunha linguaxe sexista nos documentos desenvolvidos na
materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade.
- Prestará especial atención en detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
|