Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións utilizadas para introducir os novos temas ou subtemas, axudando ao alumno a articula-los en torno ao coñecemento do que xa dispón, poñendo atención nos aspectos claves do tema, como en aqueles de máis difícil comprensión, e nas mellores estratexias para aborda-los.
Esta metodoloxía poderase realizar utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Lecturas Textos que permiten afondar nos contidos da materia, ou coñecer aspectos novidosos que non se atopan regularmente nos libros de referencia dos que dispomos.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Traballos tutelados Traballo dirixido a aprender o xeito en que se realizan determinados aspectos do coidado para a saúde ou cómo se utilizan os coñecementos, instrumentos ou ferramentas de que dispomos para facilitar o proceso.
- Unha parte desta metodoloxía poderase realizar utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre profesorado e alumnado.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Proba obxectiva Proba de carácter obxetivo dirixida a avaliar se o alumno acada os obxetivos da asignatura, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas sexan test, cortas, de asociación, etc...