Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría Comunitaria I | Código | 750G01014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A29 A30 A31 A32 A33 B16 B20 B24 C10 C11 C12 | Proba de carácter obxectivo dirixida a avaliar se o alumnado alcanza os resultados de aprendizaxe da materia, podendo estar conformada por diferentes tipos de preguntas test, curtas, de asociación etc. |
70 |
Traballos tutelados | A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B6 B10 C4 C6 C8 C10 C11 C12 | Traballos tutelados individuais ou grupais aos que se asignarán 1.5 puntos (15%) na nota final da materia. Os traballos que non se presénten en tempo e forma non serán avaliados. A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual. Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC. |
15 |
Aprendizaxe colaborativa | A29 A30 A31 A32 A33 B1 B3 B20 B24 C4 C6 C8 C10 C11 C12 | Traballo en grupo ao que se lle asignará 1.5 puntos na nota final da materia. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados. A puntuación obtida aplicarase en primeira e en segunda oportunidade só durante o curso académico actual. Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC. |
15 |
Observacións avaliación | |||
1ª MATRÍCULA (PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE);
A metodoloxía de avaliación continua descrita é obrigatoria para todos o alumnado de 1ª matricula en primeira oportunidade(xuño). O alumnado de 1ª matricula que concorra á segunda oportunidade (xullo) poderá elixir o mesmo sistema de avaliación da primeira oportunidade e conservaránselle as puntuacións da parte de avaliación continua, ou acollerse a un sistema de avaliación cunha proba obxectiva única na que deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, sen realizar os traballos tutelados e os traballos colaborativos. 2ª MATRÍCULA E POSTERIORES. MATRÍCULA PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIA: Os/as estudantes poderán solicitar dispensa académica. Os/as estudantes de matricula parcial ou dispensa académica de asistencia deberán poñerse en contacto coas profesoras ao comezo do curso para comunicar a súa situación e decisión. O alumnado en 2ª matrícula ou posteriores, así como aquel con matrícula parcial ou dispensa académica, poderá acollerse a unha das seguintes opcións de avaliación: 1) Realizar o mesmo sistema de avaliación que o alumnado de 1ª matrícula , ou 2) Presentarse a unha proba obxectiva na que deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia. OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os/as alumnos/as deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, a puntuación mínima para superar este módulo será de 5 puntos sobre 10. MATRICULA DE HONRA: Valoraranse outorgala ás puntuacións máis elevadas superiores a 9 obtidas. As docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade de condicións e habendo máis aspirantes que matrículas. Os/as aspirantes poderán ser convocados/as a unha proba voluntaria obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións. NON PRESENTADO: A cualificación de Non Presentado corresponderá ao/á estudante que non realizase a proba obxectiva. FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. SICUE, ERASMUS e BILATERAL: O alumnado nesta situación deberá poñerse en contacto coas docentes. Deberán realizar a avaliación continua no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados. O sistema de avaliación é igual ao descrito en matrícula común. |