Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría da Saúde Mental | Código | 750G01015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Proba obxectiva | Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado. A proba deberá realizarse de maneira presencial utilizando as ferramentas informáticas institucionais. |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. Complementarase con participacions no foro do campus virtual tras a lectura crítica, e con a elaboración de documentos breves, exposición na clase e participación e xestión de debates e deliberación. - Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado. |
Estudo de casos | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Intégrase neste apartado a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, ciclo de conferencias, exposicións, etc.), posteriormente realizásense traballos de reflexión a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas presentados e das actividades desenvolvidas. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Solución de problemas | Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
Sesión maxistral | Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas o alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |