Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", esta materia ten en conta as recomendacións de SUSTENTABILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:
- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a PERSPECTIVA DE XÉNERO velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades realizadas co alumnado.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.