Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do alumnado. Baseada na exposición oral complementada co uso de audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas, solucións de problemas, análisis de casos, prácticas guiadas, debates, etc., asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. E preciso a elaboración de documentos breves, exposición na clase e participación e xestión de debates e deliberación.

Os grupos comporanse o primeiro día de clase da materia. Os resultados dos escenarios/tareas ou actividades entregaranse a través da plataforma Moodle.

Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Intégrase neste apartado a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, ciclo de conferencias, exposicións, etc.), posteriormente realizásense traballos de reflexión a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas presentados e das actividades desenvolvidas.

Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.

Complementarase con participacions no foro do campus virtual tras a lectura crítica.

- Esta metodoloxía realizarse de maneira virtual utilizando as ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual a canle principal de comunicación entre o docente e o alumnado.
Proba obxectiva Exame tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do alumnado.

A proba deberá realizarse de maneira presencial utilizando as ferramentas informáticas institucionais.