Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Enfermaría materno-infantil | Código | 750G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Estudo de casos | Sesiones dirigidas a la resolución de casos prácticos que requieren soluciones creativas y novedosas, para hacer frente a los nuevos escenarios sociales propios de esta sociedad global. Dentro de esta modalidade metodolóxica incluiranse os seminarios, as prácticas en laboratorio e role playing nas que oalumnado desenrolará tanto a súa capacidade crítica, a súa autonomía e as súas capacidades de traballo en equipo. |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Asistencia a eventos científicos organizados que teñan interese e vinculación con contidos da materia. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: Preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar, e/ou de asociación. Tamén pode ser construida cun so tipo dalgunhas destas preguntas. |