Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Aprendizaxe colaborativa Resolución de problemas ou desenvolvemento de tarefas de modo colaborativo, non só sumando talento individual, se non aprendendo a construír un grupo con capacidade para resolver problemas e ofrecer respostas creativas ante os novos escenarios sociais que poidan atopar.
Traballos tutelados Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, practicas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente practicas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado e en escenarios variados con profesionais expertos.
Proba obxectiva Proba tipo test de resposta única. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos-(nº erros/3) ou nº de acertos-(nº de errosx0.33).