Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A26 A27 A28 A29 A30 B6 B8 B13 C10 C11 Proba tipo test con 40 preguntas e unha única resposta correcta. As respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula: Puntuación= nº de acertos-(nº erros/3) ou nº de acertos-(nº de errosx0.33).
A realización da proba é obrigatoria e computa o 70% da nota final.
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
70
Traballos tutelados A26 A28 A30 A33 B1 B3 B11 B13 B16 B20 B24 C1 C4 C7 C10 C11 C12 O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
A realización do traballo é obrigatoria e computa o 10% da nota final.
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
Deberanse entregar os traballos tutelados na data que se indique no campus virtual. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
A asistencia e participación activa na aula é obrigatoria.
10
Aprendizaxe colaborativa B1 B3 B8 B12 B18 B20 B22 C11 É unha actividade obrigatoria de grupo na que se presentan ao alumnado tarefas para solucionar en conxunto.
Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía, exposición oral e participación nos seminarios.
A entrega das tarefas é obrigatoria e computa o 20% da nota final.
Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacións do resto de actividades.
Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
A asistencia e participación activa na aula a través dos grupos de traballo é obrigatoria.
20
 
Observacións avaliación
Para superar a materia no SISTEMA ORDINARIO (obrigatorio para todo o alumnado con matrícula ordinaria) o/a estudante debe superar cada unha das partes: traballos tutelados (10%), aprendizaxe colaborativa (20%) proba obxectiva (70%). No caso de que non supere algunha das partes da materia, a nota que lle figurará ao/a estudante no expediente académico será a calificación obtida tras a ponderación de cada parte se é inferior a 5, en outro caso a nota será de 4,5.

A cualificación de non presentado: otorgarase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas. 
O alumnado da convocatoria adiantada de Decembro e Segunda Oportunidade, debe cumprir os mesmos requisitos que nas convocatorias ordinarias.

O alumnado con matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica poderá optar a non acudir as actividades grupais presenciais, pero deberá traballar nas actividades programadas (según a documentación do campus virtual) e presentalas de forma individual no campus virtual.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Aqueles alumnos/as que cursen a materia e superen as tarefas de aprendizaxe colaborativa e os traballos tutelados solicitados poderán volver a cursar toda a materia novamente ou presentarse só a proba obxectiva, tendo en conta que a cualificación da mesma fará media coa cualificación obtida no curso académico no que cursase o resto de actividades.

Para optar á matrícula de honra, o alumnado deberá acadar unha calificación final entre 9,6 - 10.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/a estudante de "2ª oportunidade e outras" seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Poderá presentar as actividades académicas pendentes, ou as non superadas, e acudir á proba obxectiva.

ESTUDANTES DE MOVILIDADE SICUE/ERASMUS:
Os/as estudantes de movilidade SICUE/ERASMUS acolleranse ao sistema ordinario de avaliación descrito anteriormente. 

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU DAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.