Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enfermaría Comunitaria I/750G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
OBXECTIVOS DE DESENROLO SOSTIBLE:
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción del Programa Green Campus": 
  • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través do campus virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de se realizar en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN:
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase lenguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
  • Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 
  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
PLAXIO: 

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluido aquel obtenido a través de internet, sen indicación expresa do seu orixe e, se é o caso, o permiso do autor/a, será calificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen perxuizo das responsabilidades disciplinarias ás que poidera haber lugar tras o correspondente procedimiento.