Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Seminario Metodoloxía de aprendizaxe orientada a un nivel máis práctico, na que, a partir do estudo dun tema, o grupo adquira coñecementos e poida, en base a iso, expor unha discusión, hipótese ou presentar opcións de resolución de casos.
Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa. Poderanse realizar nos seminarios grupos de debate, role playing con escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia, para iso é posible que se modifique a estrutura dos grupos de traballo.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo test e preguntas desenvolvemento. En canto preguntas test serán preguntas obxectivas de resposta única entre que se escollerá entre catro alternativas. Integra preguntas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o cuadrimestre. En canto a preguntas de desenvolvemento, pode combinar preguntas abertas, de ordenación, de resposta breve, de completar e/ou de asociación.