Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión dos servizos da Enfermaría | Código | 750G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A54 A55 B11 B21 C1 C11 C12 | Elaboración de un traballo colaborativo, con posibilidade de posterior defensa teórica e metodolóxica. |
25 |
Proba obxectiva | A53 A54 A55 B8 C10 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. No caso de preguntas de opción múltiple, as respostas incorrectas descontarán aplicando a seguinte fórmula ((acertos-fallos)x0.33)/3. Sera necesario acadar o 50% para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxias. |
50 |
Seminario | A54 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B11 B12 B13 B18 B21 B22 C1 C4 C10 | As actividades organizadas dentro dos seminarios, que sexan avaliables, presentaranse ao comezo do curso. Valorarase a asistencia e participación en actividades divulgativas e científicas propostas pola materia, ademais da realización de reflexións e/ou tarefas relacionadas con elas. Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título). |
25 |
Observacións avaliación | |||
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: Sera necesario acadar o 50% na proba obxectiva para superar a materia e sumar as puntuacións das outras metodoloxías. MATRICULA PARCIAL: Os/as estudantes con matricula parcial serán avaliados/as acolléndose ó sistema de avaliación da PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou ó sistema de avaliación da 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS. O/A estudante que se encontre en situación de matrícula parcial deberá comunicala súa elección á profesora responsable da materia durante o primeiro mes de docencia da materia. 2ª OPORTUNIDADE E OUTRAS: O/A estudante de "2ª oportunidade e outras" pode acollerse ó sistema de avaliación de 1ª oportunidade ou optar a unha única proba obxectiva final que suporá o 100% da avaliación. OPORTUNIDAD ADIANTADA: Proba obxectiva que suporá o 100% da avaliación. MATRICULA DE HONRA: Valorarase outorgar MH á nota máis alta por encima de 9. NON PRESENTADO: Outorgarase o "non presentado" a aqueles/as estudantes que non realizan a actividade proba obxectiva, nin entreguen nin asistan a actividades avaliables. FRAUDE: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario |