Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Farmacoterapia | Código | 750G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A4 A5 A6 A38 B4 B2 C1 C4 C7 C10 C12 | A avaliación da proba obxectiva estará composta de dous partes: 1.) Presentación oral do traballo tutelado, supón o 35% da nota final e 2.) Proba de resposta múltiple, que supón o 40% da nota final: O alumno deberá realizar unha proba de 50 preguntas tipo test con resposta múltiple, unha correcta de entre 5 posibles. Non puntúa negativo. O aprobado (5) estará no 70% das respostas correctas, é dicir, o número de respostas correctas para aprobar é de 35. É necesario obter un aprobado no exame para poder sumar a puntuación ao resto da avaliación da materia. As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen. | 75 |
Obradoiro | A4 A5 A6 A38 B2 B4 B5 C1 C4 C7 C10 C12 | Puntúase a asistencia do alumno e o resultado das probas realizadas. | 25 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra ( Graciable ) Os alumnos con matrícula ordinaria que non asistan a os obradoiros poderán entregar as actividades polo campus virtual pero terán unha penalización na nota do 40%. Alumnos con matrícula a tempo parcial (con exención ou non da asistencia), ERASMUS/SICUE/DANUDC e dispensa académica(deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso) : a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller na plataforma moodle. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía. Nestes casos, a presentación oral da proba obxectivas será acordada co alumno/a sen ter que ser o día que lle corresponde. Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso) : poden presentar dispensa académica e a avaliación dos talleres manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres nesa matrícula. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía. Considerarase non presentado : aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller e non realice a proba obxectiva. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |