Prácticas clínicas |
A práctica clínica é o proceso sistemático e organizado mediante o cal os estudantes integran os coñecementos e competencias da enfermaría e adquiren a formación clínica adecuada en centros asistenciais, baixo a tutorización do profesor asociado e de profesionais de enfermaría cualificados e a responsabilidade do profesor titular da materia. A realización das prácticas clínicas segundo a programación establecida desde a materia é de carácter obrigatorio. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión. |