Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clinicas II | Código | 750G01026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | Informe da profesora asociada de prácticas clínicas, en coordinación coa responsable de cada unidade de enfermaría. Avaliaranse as seguintes competencias: 1) Comunicación/Relación 2) Proceso Enfermeiro 3) Alteracións da Saúde/Ciclo Vital 4) Técnicas e Procedementos 5) Traballo en Equipo 6) Ética Profesional |
60 |
Estudo de casos | B20 B19 B16 B15 B14 B13 B11 B10 B9 B8 B6 B3 B1 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión. | 40 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas. As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas. A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Estudo de Casos) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superadas algunha das avalaicións, figurará con 4,9 en acta.
Os estudantes que no demostren ter acadado as competencias avaliadas na práctica clínica na primeira oportunidade, serán sometidos a un exame práctico que deberán superar para poder acceder novamente ao entorno clínico e proceder á recuperación desta parte da materia. Poderán optar a matrícula de honra aqueles estudantes cunha media superior ao 9 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno. MATRÍCULA PARCIAL: Os alumnos suxeitos a MATRICULA PARCIAL poderán solicitar un rotatorio en concreto, a través de Moodle e durante o período que se estableza para ese efecto e sempre antes da publicación definitiva coa asignación. DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Dada a obrigatoriedade de asistencia á práctica clínica, nesta materia non se admite dispensa académica. FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS Rexeranse de acordo coa normativa académica vidente da UDC. |