Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
- A realizacion desta actividade e obrigatoria e computa un 15%.
- Será necesario aprobar esta metodoloxía para sumar o resto de actividades.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do docente por medio da simulación e da práctica deliberada. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente-titor.
- O alumnado dividirase en grupos de número reducido.
- A sua realización e obrigatoria e computa 15%
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as calificacions do resto de actividades.
Proba obxectiva Proba de resposta curta ou tipo test de proba de resposta única. No caso dunha proba obxectiva tipo test, as respostas incorrectas descontaranse aplicando a seguinte fórmula: Puntuación = número de respostas correctas - (número de erros/4) ou número de respostas correctas - (número de erros x 0,25).
- A realización desta proba é obrigatoria e supón o 60% da nota.
- Será necesario acadar unha puntuación de 5 puntos (sobre 10) para sumar as cualificacións do resto das actividades.
A proba realizarase de forma presencial, podendo utilizar ferramentas informáticas institucionais.
Seminario Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
- Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título).
- A realización desta actividade é obrigatoria e supón un 10%.
- Será necesario aprobar esta metodoloxía para sumar as cualificacións do resto das actividades.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Acompañarase dun debate posterior no que se reflectirán contidos transversais previos.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.