Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A34 A35 A37 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B24 C1 C4 C7 C8 C10 C11 Valorarase a asistencia e participación en actividades divulgativas e científicas propostas pola materia, ademais da realización de reflexións e/ou tarefas relacionadas con elas. Suporán o 10% da nota final.

Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título).
10
Estudo de casos A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B24 B19 B16 B15 B13 B12 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Presentaranse ao alumnado situacións clínicas prácticas relacionadas cos contidos impartidos nas clases maxistrais e seminarios, a través dun sistema de preguntas-respostas, achegando, se é o caso, documentación ou outro material para ampliar coñecementos.
Valorarase a capacidade de relacionar os coñecementos teóricos dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais e seminarios con problemas específicos, así como a capacidade de análise e comprensión da situación, mediante o traballo colaborativo.
Entregaranse a través da plataforma Moodle. A entrega de casos prácticos é obrigatoria e debe realizarse no prazo establecido.
Os traballos que non se presenten en prazo non serán valorados.
Supoñerán o 15% da nota final.

Inclúese dentro da metodoloxía de Aprendizaxe Colaborativa (descrita na memoria do título).
15
Traballos tutelados A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Na práctica deliberada (simulación grabada en video) valorase que o alumno sexa capaz de:
Presentarse, dá acordo á situación, á familia e darlle a opción de expor o motivo das súas preocupacións.
Estruturar o encontro cun inicio, desenlace e un final ou despedida.
Establecer unha relación de axuda e de seguridade, a través dunha escoita activa e sen emitir xuízos de valor.
Conectar emocionalmente e construír unha relación de confianza coa familia.
Permitirlle expresar os seus medos e resolver dúbidas e preocupacións.
Recoller e atender adecuadamente a expresión de emocións.
Establecer unha conversación dialógica coa familia.
Ofrecer á familia a posibilidade de deliberar sobre as decisións a tomar.

Para superar o traballo deberá:
Entregar ou expoñer os traballos tutelados na data que se indique. Os traballos que non se presenten en tempo e forma non serán avaliados.
Obter unha puntuación igual o superior a 5 (sobre 10) do peso desta metodoloxía.
Supón o 15% da calificación final.
15
Proba obxectiva A34 A35 A36 A37 A38 A39 A60 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 A proba obxectiva ten un valor de 10 puntos e para superala o alumnado deberá acadar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

Se o exame é de tipo resposta curta: Cada pregunta valerá 1 punto
Se o exame é de tipo test de resposta única: As respostas incorrectas descontaranse aplicando a seguinte fórmula: Puntuación = número de respostas correctas - (número de erros/4) ou número de respostas correctas - (número de erros x 0,25).

É obrigatorio e será necesario acadar unha puntuación de 5 (sobre 10) para sumar o resto das puntuacións.
60
 
Observacións avaliación

MODALIDADE ORDINARIA DE AVALIACIÓN

Para aprobar a materia no RÉXIME ORDINARIO (obrigatoria para todo o alumnado con matrícula ordinaria), o alumnado deberá superar cada unha das partes, traballos tutelados (15%), estudo de casos (15%) e proba obxectiva (60%). No caso de seminarios (10%), deberá asistir a todas as conferencias programadas.

  • A cualificación de non presentado: outórgase ao alumnado que non se presente ao exame nin participe nas actividades programadas.
  • Para optar á matrícula de honra, os estudantes deben acadar unha nota final entre 9,5 e 10.
  • No caso de non superar algunha das metodoloxías, a cualificación que aparecerá será a parte suspensa.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

O alumnado nestas circunstancias seguirá o sistema de avaliación da 1ª oportunidade. Deberá presentarse ás actividades académicas pendentes, ou non superadas. Na 2ª oportunidade permanecerán aprobadas as metodoloxías aprobadas na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.

CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

Este alumnado deberán reunir os mesmos requisitos que nas convocatorias comúns.

CONVOCATORIAS PARA SEGUNDA E POSTERIORES MATRÍCULAS

Para aquel alumnado que curse a materia poderá optar entre a avaliación ordinaria ou realizar unha proba obxectiva que represente o 100% da avaliación.

MATRÍCULA PARCIAL

O alumnado con ou sen dispensa académica poderá optar por non asistir ás actividades presenciais grupais (agás as actividades programadas dentro da metodoloxía de eventos científicos e/ou divulgativos), pero deberán traballar nas actividades programadas (segundo a documentación de moodle) e presentalos individualmente na plataforma moodle ou en persoa nas titorías programadas.

SICUE, ERASMUS e BILATERAL

Poderán obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria.

FRAUDE

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.