Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A23 A24 A25 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 Para a avaliación de competencias, realizarase unha avaliación continua do estudante, levando a cabo ao longo do curso, diferentes probas e utilizando distintas metodoloxías. 25
Presentación oral A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 Actividade baseada na exposición oral, onde se produce unha interacción ordenada entre docente e estudante, expondo cuestións que o alumno deberá responder, de forma oral, podendo así valorar o seu proceso de aprendizaxe e o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. 10
Proba mixta A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Incluiranse tamén resolucións de casos clínicos.
65
 
Observacións avaliación

ASPECTOS A TER EN CONTA NA AVALIACIÓN: 


OBRADOIRO
As actividades deseñadas ao longo do proceso de aprendizaxe e a resolución de exercicios de autoavaliación, establécense como mecanismos de avaliación continua, polo que non son de carácter obrigatorio.
No caso de que o estudante non as realice, non obterá a porcentaxe correspondente e por tanto non se sumará ás das outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
A avaliación ditas actividades e de diferentes competencias descritas na guía, o 25% da nota final da materia (máximo 2,5 puntos)


PRESENTACIÓN ORAL

Esta metodoloxía establécese como mecanismo de avaliación continua, polo que non é de carácter obrigatorio.

No caso de que o estudante non a realice, non obterá a porcentaxe correspondente para sumar ás outras metodoloxías establecidas dentro da materia. Esta situación será de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.

Supón o 10% da nota final da materia (máximo 1 punto)


PROBA MIXTA
A realización e superación da proba mixta é obrigatoria para superar a materia.
A Proba Mixta considerarase superada cando se alcance o 50% da cualificación máxima outorgada á devandita proba.
Supón o 65% da nota final da materia (máximo 6,5 puntos)

 

  • PRIMEIRA OPORTUNIDADE:

A avaliación anteriormente descrita é a PROGRAMADA para todos os alumnos que se presenten á primeira oportunidade.   

As cualificacións obtidas na avaliación continua (Obradoiro e Presentación Oral) só se aplicarán cando a Proba Mixta sexa superada. En caso contrario, non se computarán, figurando como cualificación final da materia, unicamente a obtida na Proba Mixta.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.


  • SEGUNDA OPORTUNIDADE:

Para a Segunda Oportunidade aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que os descritos na Primeira Oportunidade.

  • OPORTUNIDADE ADIANTADA:

Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.

  • Os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC

MATRÍCULA DE HONRA:

Os estudantes que desexen optar a matrícula deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Obter unha nota media igual ou superior a 9 na cualificación final da materia.
  • Presentarse ás probas establecidas de avaliación continua e alcanzar as mellores cualificacións.

Tras a aplicación do criterio establecido, a decisión final quedará supeditada á consideración das profesoras da materia.