Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A68 B25 B29 C9 Proba que pode integrar preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
80
Traballos tutelados A68 B26 B27 B29 B35 B39 C9 C11 C12 Os alumnos realizarán exercicios relacionados coas clases maxistrais e presentación orais relacionadas con algún tema da materia. Isto, xunto coa realización de seminarios, suporá o 20% da cualificación final. 20
 
Observacións avaliación

Sistemas de avaliación: Primeira e segundaoportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (80% da notafinal) e traballos tutelados (20%). Oportunidade adiantada: proba mixta queabordará todo o temario da materia.

A proba mixta pode estar composta por calqueradas seguintes modalidades e/ou unha combinación de varias:

Preguntas de ensaio: preguntas abertas dedesenvolvemento.

preguntas de resposta múltiple (podendo serverdadeiras unha ou varias das respostas)

preguntas de ordenación

preguntas de resposta breve

preguntas de discriminación

preguntas de completar

preguntas de asociación.

É indispensable aprobar a proba mixta parasuperar a materia, é dicir, débese obter un mínimo de 5 puntos sobre un máximode 10. Se non se supera o exame final (proba mixta) non se sumará a notacorrespondente aos traballos tutelados, e a cualificación da materia será aobtida no exame final.

Segundas matrículas e posteriores. Aquelaspersoas que suspendan a materia, en posteriores matrículas deberán realizar amateria completa, é dicir non se "garda" ningunha das cualificaciónsobtidas para cursos vindeiros.

Non presentado: Considerarase "nonpresentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a algunha dasprobas mixtas.

Matrícula de honra: Outorgarase ao alumnado que,obtendo cualificación de sobresaínte, teña as puntuacións máis elevadas.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Sistemas de cualificación: Numérico dende o 0 ao10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificaciónsexpresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que seestablece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nastitulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorionacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado,7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).