Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Patoloxía Xeral Aplicada en Podoloxía | Código | 750G02102 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Realización de traballos en grupo de temas sinalados polo profesor. Realizarase unha tutorización continua do proceso de documentación, redacción, elaboración escrita do traballo e exposición do mesmo. Os traballos serán expostos na aula ante todos os alumnos matriculados na materia e os contidos formarán parte do coñecemento a avaliar no exame final. |
Estudo de casos | O estudo da Unidade didactica III irá vinculado a metodoloxía de estudos de casos. O alumno deberá recoñecer as diferentes patoloxías sistémicas con repercusión podolóxica analizando síntomas e signos, así como datos de probas complementarias facilitadas. A materia dos casos, será avaliada no exame final. |
Proba mixta | Proba ou exame final, que poderá integrar preguntas tipo redacción e/ou preguntas tipo obxectivo. En canto ás preguntas de redacción, recompila preguntas abertas de desenvolvemento. As preguntas obxectivas serán preguntas de opción múltiple onde só 1 é correcta. As preguntas obxectivas pódense formular noutro formato a criterio do profesorado. |
Presentación oral | Exposición oral na aula dos traballos tutelados coa utilización dos medios necesarios. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |