Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Podoloxía xeral | Código | 750G02110 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral realizada polo profesor e aberta á participación do alumno con introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios e bibliografía documental. Esta metodoloxía desenvolverase nos horarios establecidos. |
Prácticas de laboratorio | Traballo en grupo a través da participación activa do alumno, mediante a realización metodolóxica de manobras/procedementos e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados cos contidos da materia. |
Lecturas | Profundización na materia mediante textos de diferentes fontes documentais escollidos e seleccionados previamente polo profesor |
Actividades iniciais | Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/o motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Traballos tutelados | Aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor a través de traballos de grupo, onde se traballa a sistemática de procura de información e manexo de ferramentas telepáticas. |
Presentación oral | Intervención inherente a os procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal estudantes e docentes interactúan de maneira ordenada, propoñendo preguntas, aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Proba práctica | Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente fixese durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. |
Proba de resposta múltiple | Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa con varias opcións de resposta ou alternativas que acheguen posibles solucións, das cales só unha é válida. |