Metodoloxías
|
Presentación oral |
Proba práctica |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Lecturas |
Actividades iniciais |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
METODOLOXÍAS DOCENTES:
LECTURAS: Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos trabaiados.
PRACTICA DE LABORATORIO: Actividade formativa que permite que os estudantes aprendan de forma efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
SESIÓN MAXISTRAL: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como conferencia. método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
SIMULACIÓN: Consiste na representación que permite unha análise máis sinxela. Póñense ao suxeito #ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento #ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese
como momentos de traballo presencial co profesor que implican unha participación e reforzo da relación profesor alumno. |
|