Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ética, Lexislación e Xestión en Podoloxía | Código | 750G02113 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A91 A92 A93 | Exame con 30 preguntas tipo test cunha única resposta correcta. Devandito exame realizarase presencialmente a través do Campus Virtual da materia e versará sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os materiais entregados así como os escenarios do Estudo de casos. INSTRUCIÓNS DO EXAME: -Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/2 (-50%) dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta. - Unha vez aberto o cuestionario as pregútas tipo irán aparecendo unha a unha (preguntas e respostas que son diferentes e en orde aleatoria para cada estudante), gardando tras cada paso á pregunta seguinte a resposta marcada (onde sempre hai unha engadida de Non sabe/Non contesta), polo que en caso dalgún fallo puntual de conexión ou do sistema poderase volver conectar e volver á última pregunta non contestada. NORMAS XERAIS DO EXAME: - Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos, botellas e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase. - Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles. - Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables. - Durante o exame no computador só estará aberta a xanela co navegador (recoméndase Google Chrome) coa única pestana de acceso ao Campus Virtual no cuestionario do exame e o Administrador de Tarefas do Sistema, mostrando todos os programas activos. - A copia, o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) así como a gravación ou captura de pantalla será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades). - Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula. - A conexión realizarase a traves da rede wifi propia da UDC EDUROAM (previamente configurada), sendo necesario ter instalado o aplicativo Safe Exam Browser no equipo. - Ao finalizar o exame (antes de apagar o equipo e pechar o navegador e a sesión), cada estudante avisará ao docente responsable da proba de que finalizou o exame e mostrará a sua equipa coa evidencia da entrega do exame, os últimos documentos creados na equipa e o contido do portapapeles. - O incumprimento destas normas suporá o suspenso automático do exame coa calificación de 0,0. |
60 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | C11 C16 | Esta metodoloxía de aprendizaxe colaborativa, valorarase en función do número de copias dos diplomas da asistencia a xornadas/cursos sobre orientación profesional, innovación e emprendemento así como as conclusións do informe-memoria sobre as mesmas presentadas a través da plataforma moodle. Neste apartado destaca especialmente as Xornadas de Orientación Profesional en Podoloxía organizadas pola Facultade de Enfermería e Podoloxía, que se avaliará exclusivamente en función do número de charlas ás que asista activamente. |
10 |
Estudo de casos | A91 B24 B25 B37 B38 B39 C9 C12 C14 C15 C17 | O alumnado entregará o documento da solución xustificada do escenario na tarefa Moodle e presentarao e defenderá na aula segundo o traballo previo do grupo dentro da aprendizaxe baseada en problemas, dentro dos prazos marcados. Criterios de cualificación Avaliarase o traballo na aula, a relevancia do traballo feito, a consecución dos obxectivos prioritarios e secundarios dos problemas expostos, as interaccións persoais de cada estudante na aula cos demais membros do grupo (segundo o número de participacións nas reunións do grupo), a achega ao proceso de razoamento grupal (avaluada por cuestionario a cada un dos membros do grupo), a integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, o problema exposto e as conclusións establecidas, a reflexión xeral do aprendido no caso exposto, o pensamento crítico do grupo sobre o caso e a xustificación das intervencións e/o respostas a través de bases documentais, normas e leis éticas e deontolóxicas actuais. Para valorar o traballo será necesario a asistencia ás sesións de traballo presenciais, así coma a participación na exposición e defensa do proxecto propio e do resto de grupos. |
8 |
Sesión maxistral | A91 A92 A93 | Valorarase a asistencia activa na aula. | 4 |
Traballos tutelados | A91 A93 B24 B25 B38 B39 C9 C11 C13 C15 C16 C17 | Para a realización deste proxecto de creación de centro sanitario en que se presten os servizos de podoloxía valoraranse especialmente a orixinalidade e concreción nunha localización real concreta, o plan de negocio e a desagregación dos trámites. Para valorar o traballo será necesario a asistencia e participación na exposición e defensa do proxecto propio e do resto de grupos. |
10 |
Seminario | A91 B33 C11 C17 | Valorarase a asistencia e participación no seminario, así como a elaboración dunha memoria de valoración de uso do software de xestión clínica COGECOP (ou equivalente) da que se valorará especialmente a creación de exemplos de datos e a valoración crítica do aplicativo, e a elaboración dun informe incluíndo evidencias sobre o uso dos aplicativos coma o certificado dixital e a plataforma É-Saúde (ou equivalente). | 8 |
Observacións avaliación | |||
Na matrícula ordinaria: o 60 % da avaliación de materia depende por tanto da proba obxectiva que neste caso será unha proba de resposta múltiple. Por outra banda, o 20% da cualificación dependerá dos traballos tutelados (un de 10% do traballo de creación dun centro sanitario e outro 10% do traballo dos eventos científicos e divulgativos). Finalmente, o 20% da cualificación da materia dependerá da avaliación e seguimento continuo entendendo como tal as sesións maxistrais (4%), os seminarios (8%) e o estudo de casos (8%). Optarán á cualificación de MATRÍCULA DE HONRA o estudante que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega nas clases escenarios e seminarios fose significativa. A cualificación de NON PRESENTADO: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame. SEGUNDA OPORTUNIDADE: Para aquel alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase os mesmos porcentaxes de avaliación que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avaliadas que suspendese, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 10 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calquera caso, o exame final da materia. Para alumnado ERASMUS, DANUDC, SICUE e BILATERAL poderá optar pola avaliación da modalidade ordinaria ou avaliación na que corresponderá o 70% coa nota de proba de resposta múltiple, o 10% coa memoria de eventos científicos-divulgativos e 20% co traballo tutelado de creación de centro sanitario (que neste caso será individual). Para alumnado con MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL a súa cualificación corresponderá o 60% coa nota da proba de resposta múltiple, o 15% coa memoria de eventos científicos-divulgativos, 15% co traballo tutelado de creación de centro sanitario (que neste caso será individual) e o 10% pola participación e tarefas dos seminarios. Para o alumnado con DISPENSA ACADÉMICA a súa cualificación corresponderá o 70% coa nota obtida na proba mixta, o 20% co traballo tutelado de creación de centro sanitario (que neste caso será individual) e o 10% pola participación e tarefas dos seminarios. Convocatorias de SEGUNDA E POSTERIORES MATRÍCULAS: Para aqueles alumnos que cursen a materia e realicen os estudos de casos e traballos tutelados coa cualificación de apto, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións dos seminarios, eventos científicos, os estudos de casos, traballos tutelados e clases maxistrais do curso académico no que cursaron os estudos de casos. Convocatorias da OPORTUNIDAD ADIANTADA DE AVALIACIÓN: Para aqueles alumnos que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación supoñerá o 100% da cualificación da materia. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. A fin de establecer un proceso de mellora contínua da CALIDADE da materia e facilitar a participación de todos os alumnos, mediante o envío dun arquivo co nome Apelido1_Apelido2_Nome-VALORACION.doc poderanse sumar ata 0,4 puntos á puntuación da materia, a condición de que a suma destes puntos non supoña o aprobado da mesma. Esta puntuación virá determinada por:
|