Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Ortopodoloxía I | Código | 750G02115 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario. Facilitarase aos estudantes o temario cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material estará accesible para o alumnado na plataforma https://campusvirtual.udc.es |
Prácticas de laboratorio | As prácticas de laboratorio teñen como obxectivo que o alumnado: 1. Describa a composición e o funcionamento dun taller ortopodolóxico e identifique os principais riscos de accidentes asociados ao seu uso 2. Manexe os equipos e o instrumental necesario para a obtención de moldes e tratamentos ortopodolóxicos, aplicando as normas de seguridade e prevención de riscos 3. Obteña os diferentes moldes parciais e totais da extremidade inferior, mediante as técnicas contrastadas de maior uso na actualidade 4. Identifique os diferentes materiais terapéuticos utilizados na obtención de ortesis plantares e dixitais Para as prácticas de laboratorio o estudante debe de descargarse o guión e o temario teórico práctico correspondente á práctica, que estarán a disposición do alumno na facultade virtual (Moodle). |
Seminario | Nos seminarios abordaranse de forma participativa, temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo, preferentemente, mediante a resolución de cuestións relacionadas cos temas impartidos. Traballaranse competencias específicas da materia e transversais como a procura de documentación, a discusión de resultados o fomento do inglés. |
Recensión bilbiográfica | A recensión bibliográfica é unha actividade individual consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos relacionados cos contidos da materia; as bases da actividade poñeranse a disposición do alumnado ao comezo do curso académico na facultade virtual. Esta metodoloxía/actividade atópase recollida dentro das metodoloxías: "Traballos tutelados en grupos moi reducidos ou clases prácticas" do actual Título de Grao en Podoloxía da UDC (páxina 28 do documento do Título de Grao). |
Proba mixta | Exame con preguntas de proba obxectiva e preguntas de proba de desenvolvemento. No exame incluiranse preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios e nas prácticas de laboratorio. |