Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas, relacionadas cos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais, os seminarios e as prácticas de laboratorio.
En canto ás preguntas curtas, a resposta limitarase a respostar á pregunta plantexada sen ocupar máis espazo do dispoñible.
Para as preguntas test, só conteñen unha resposta correcta. Se hai dúas ou máis respostas que se poidan considerar correctas, a única resposta correcta será a que resulte máis completa ou elimine os aspectos contraditorios. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Prácticas de laboratorio |
Metodoloxía que permite ao alumnado aprender habilidades e destrezas a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. |