Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nesta metodoloxía desenvólvese a docencia expositiva da materia. Os contidos teóricos da materia serán impartidos mediante clases expositivas, apoiadas por medios audiovisuais, imaxes e vídeos. As sesións terán un enfoque participativo, incentivando a interacción e a discusión por parte do alumnado para mellorar a comprensión dos temas tratados.
Seminario Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes onde se combinarán diversas metodoloxías e probas, como prácticas guiadas, exposicións, simulacións, debates e solución de problemas. Esta metodoloxía permite ao alumnado reforzar os seus coñecementos teóricos co apoio e supervisión do profesorado. Ademais, levaranse a cabo actividades sobre os dereitos humanos, a xustiza social e a participación cidadá, con especial atención á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable a través de Aprendizaxe Servizo. Ó comezo do curso, fixaranse as datas e os grupos dos diferentes seminarios.
Prácticas clínicas Nas prácticas clínicas, o alumnado deberá aplicar os contidos teóricos da materia mediante actividades individuais ou en grupo. As prácticas inclúen simulacións clínicas na Facultade e interacción con pacientes reais na Clínica Universitaria de Podoloxía (CUP). Ademais, levaranse a cabo actividades sobre os dereitos humanos, a xustiza social e a participación cidadá, con especial atención á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable a través de Aprendizaxe Servizo. Ó comezo do curso, estableceranse as datas, os grupos, as instalacións onde se realizarán as prácticas e o material e a indumentaria necesarios.
Traballos tutelados O alumnado desenvolverá un traballo obrigatorio en grupo sobre un plan de tratamento ortopodolóxico. Este traballo será supervisado polo profesorado para garantir o cumprimento dos obxectivos de aprendizaxe e a aplicación correcta dos conceptos teóricos e prácticos. Os resultados dos trabajos serán finalmente expostos.
Proba obxectiva A proba obxectiva avaliará os contidos expostos nas sesións maxistrais, seminarios e prácticas clínicas. Esta proba permitirá medir o grao de comprensión e aplicación dos coñecementos adquiridos polo alumnado ao longo do curso.