Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A104 A103 B39 B24 C15 Avaliarase a asistencia e participación activa do alumnado nas actividades dos seminarios. A asistencia non é obrigatoria para superar a materia, pero si é avaliable. O alumnado que non asista aos seminarios non poderá entregar as tarefas establecidas nos mesmos. Non se pode xustificar a falta de asistencia xa que non son recuperables. 10
Prácticas clínicas A103 A104 A105 A106 B30 B32 B39 C9 C13 C15 ASISTENCIA
A asistencia á totalidade das prácticas clínicas é obrigatoria para superar a materia. Avaliarase a presencialidade e a participación activa do alumnado, así como a puntualidade e a actitude durante as sesións. Cada falta nestes aspectos será penalizada na nota final das prácticas. Ao comezo do curso, elaborarase un calendario de prácticas por grupo. A asistencia e a participación activa con aproveitamento das prácticas serán avaliadas cun total de 1 punto.

PROBA PRÁCTICA
Realizarase unha proba práctica final que consistirá na simulación dun caso clínico no que o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos necesarios para a súa resolución. Isto incluirá a elaboración dun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado. A proba práctica terá un valor máximo de 1 punto.

É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total de cada parte (asistencia e proba práctica) para superar a materia.

20
Traballos tutelados A105 B39 C9 C15 C16 Avaliarase o interese do tema, a procura bibliográfica e a estrutura e contido do traballo. Ao comezo do curso, fixarase a data límite de entrega dos traballos e o modo e data de exposición dos resultados. É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total desta metodoloxía para superar a materia. 10
Proba obxectiva A103 A105 A106 A110 B28 A proba obxectiva abranguerá a totalidade dos contidos da materia, incluíndo os desenvolvidos nas sesións maxistrais, seminarios, prácticas clínicas e exposicións dos traballos tutelados. É necesario obter, polo menos, un 50% da cualificación total da proba obxectiva para superar a materia. Quince días antes da proba, facilitaranse ao alumnado as indicacións, tipo de preguntas e puntuación das mesmas.
60
 
Observacións avaliación

Requisitos para Superar la Materia

Prácticas Clínicas:

 - Asistencia obrigatória a todas as prácticas clínicas.

 - A falta de asistencia injustificada a qualquer prática resultará na suspensión da materia. O alumnado debe informar ao docente por correo electrónico o antes posible e nunca máis tarde do día da práctica, presentando un xustificante nun prazo de 7 días (*ver xustificación de falta de asistencia). Non avisar ou non presentar o xustificante no prazo establecido suporá a suspensión das prácticas clínicas.

 - Avaliarase a presencialidade e participación activa cun total de 1 punto. É necesario obter polo menos un 50% da cualificación total para aprobar a materia.

Proba Práctica:

 - Consistirá na simulación dun caso clínico, onde o alumnado deberá demostrar os coñecementos mínimos necesarios, incluíndo a elaboración dun plan de tratamento xustificado e a fabricación do tratamento ortopodolóxico indicado.

 - A proba práctica terá un valor máximo de 1 punto. É necesario obter polo menos un 50% da cualificación total para aprobar a materia.

Traballos Tutelados:

 - Realización do traballo tutelado de acordo coas pautas do profesorado.

 - É necesario obter polo menos un 50% da cualificación total do traballo tutelado.

Proba Obxectiva:

 - Superar a proba obxectiva cun 50% da cualificación total.

Para aprobar a materia, é necesario que a suma de todas as metodoloxías alcance un 50% da cualificación total da materia.

Xustificación de Faltas de Asistencia:

A falta de asistencia ás prácticas clínicas, actividades obrigatórias ou probas de avaliación só estará xustificada polas seguintes causas:

   o Enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica ou proba (xustificante médico).

   o Falecemento dun familiar ata o terceiro grao (xustificado).

   o Citación xudicial.

   o Asistencia como membro a sesións de órganos colegiados da UDC.

   o Participación en competicións deportivas como deportista de alto nivel ou en representación da UDC.

   o Asistencia a mobilizacións estudantís (segundo a normativa da UDC).

Matrícula de Honra:

O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderá optar á matrícula de honra. En caso de empate, priorizarase a nota máis alta nas seguintes metodoloxías por orde: proba obxectiva, proba práctica, traballo tutelado, seminarios e prácticas clínicas.

Non Presentado:

O alumnado que non curse ou participe en ningunha das metodoloxías de avaliación será cualificado como "NON PRESENTADO".

“Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”

Matrícula Parcial:

A asistencia aos seminarios pode ser substituída por un traballo acordado coa profesora. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. É necesario obter un 50% da cualificación global da materia e superar un 50% en cada parte: proba obxectiva, prácticas clínicas, proba práctica e traballo tutelado. O alumnado debe informar ao profesor desta situación ao inicio das clases e non máis tarde de 15 días despois do seu inicio. Ademais, o alumnado debe informar á profesora se quere acollerse á realización dun traballo en substitución dos seminarios.

Dispensa:

O traballo tutelado pode facerse individualmente e a asistencia aos seminarios pode ser substituída por un traballo acordado coa profesora. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. É necesario obter un 50% da cualificación global da materia e superar un 50% en cada parte: proba obxectiva, prácticas clínicas, proba práctica e traballo tutelado. O alumnado debe informar ao profesor desta situación ao inicio das clases e non máis tarde de 15 días despois do seu inicio. O alumno/a debe informar á profesora se se acolle á opción de facer o traballo individual e á realización dun traballo en substitución dos seminarios.

Oportunidade Adiantada:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto das convocatorias, segundo o tipo de matrícula do estudante.

2ª e Posteriores Oportunidades:

O alumnado que se presente á 2ª ou posteriores oportunidades conservará as notas da proba práctica, seminarios e traballos tutelados durante dous cursos, sempre que participe e supere as diferentes actividades.