Materias que se recomenda ter cursado previamente
Patoloxía Podolóxica I/750G02119
Ortopodoloxía II/750G02116
Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia /750G02117
Biomecánica do Membro Inferior/750G02111
Podoloxía xeral /750G02110
Ortopodoloxía I/750G02115

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Patoloxía Podolóxica II/750G02120

Materias que continúan o temario
Prácticum II/750G02135
Prácticum III/750G02136
Prácticum I/750G02134

Observacións

MATERIAL DOCENTE:

Todo o material utilizado na aula, así como o disponíbel no campus Virtual e TEAMS da materia, está protegido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual). Este material está dispoñible exclusivamente para uso persoal dos estudantes matriculados na materia.

Calquera extracción destes materiais para distribuílos entre terceiros por calquera medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web, etc.) constitúe un acto ilícito suxeito a medidas legais e disciplinarias segundo o Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña, así como unha infracción grave ou moi grave da Lei de Propiedade Intelectual.

SUSTENTABILIDADE:

Para contribuír a un entorno sustentábel e cumprir co obxectivo da acción número 5 do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", relativa a "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social", establecemos as seguintes directrices:

  1. A entrega dos traballos documentais realizarase preferiblemente en formato virtual e/ou soporte informático.

  2. Utilizarase o Campus Virtual como plataforma principal para a presentación dos traballos en formato dixital, evitando así a impresión en papel.

  3. Comprometémonos a facer un uso sostible dos recursos e a previr impactos negativos sobre o medio natural.

PERSPECTIVA DE XÉNERO:

Seguindo as normativas aplicables á docencia universitaria, é obrigatorio incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. As medidas a adoptar inclúen:

  • Utilización de linguaxe non sexista e elección de bibliografía que conte con autores/as de ambos sexos.
  • Promoción da participación igualitaria de alumnos e alumnas nas actividades en clase.
  • Identificación e abordaxe de prexuízos e actitudes sexistas, influíndo no entorno para promover valores de respecto e igualdade.
  • Detección de situacións de discriminación por razón de xénero e proposta de accións para a súa corrección.