Prácticas clínicas |
A100 A103 B24 B25 B28 B30 B31 B39 C9 C15 C17 |
Asistencia obrigatoria ao 100% das prácticas para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula.
Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta a asistencia, actitude e aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico, a avaliación dos mesmos terá un peso de 5 puntos no global da materia.
O alumnado deberá cubrir un cuestionario sobre aspectos relacionados con la práctica clínica que tendrá un valor de 5 puntos. |
10 |
Proba mixta |
A100 A103 A105 B25 B27 B28 B29 B30 B36 C9 C10 C16 C17 |
Proba escrita na que poderanse combinar preguntas de resposta obxectiva tipo resposta múltiple, ordenación ou relación de contidos, con preguntas de resposta aberta orientadas estas últimas á resolución de cuestións relacionadas con aspectos clínicos (diagnóstico, tratamento, etc.) de afeccións podolóxicas estudiadas na materia.
A puntuación das preguntas desta proba especificarase na normativa do exame, tendo en conta que o alumnado debera superar o 50% das preguntas obxectivas para superar a materia.
|
70 |
- Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas clinicas e superar (50% do seu valor total) as actividades propostas nos seminarios e casos clínicos así como a proba mixta e os casos clínicos.
- As cualificacións das prácticas, estudos de casos e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas, estudo de casos e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación da proba mixta. A cualificación que figurará no acta en caso de non superar a proba mixta, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación.
- En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións das prácticas dos cursos anteriores. O alumnado deberá facer unha proba práctica e superar a proba mixta que inclue o estudo de casos e materia dos seminarios.
- A cualificación de Non Presentado outorgarase cando o alumnado non sexa evaluado nalgunha das actividades de avaliación continua, sempre que o alumnado realice as practicas da materia obterá unha calificación na mesma na primeira oportunidade.
- A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automáticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, que consistirá en unha proba de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media igual ou superior a 9.5, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de otórgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación media, pudiesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a atitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
- Alumnado en matrícula parcial e o alumnado de SICUE/ERASMUS que tengan que cursar materias en otros cursos: O alumnado en matrícula parcial que obteña a dispensa académica debe de comunícalo obligatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatório ao 100% a realización das prácticas.O alumnado entregará as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma.
- Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC disporá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita e proba práctica de características similares á recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final ( proba de estudo de casos 25%, proba mixta 75%), o alumnado que acceda a esta modalidade deberá ter cursado as practicas da materia nos 2 cursos anteriores.
- PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que pudiese haber lugar tras o correspondente procedemento.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|