Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
Durante as sesións maxistrais poderase expor as dúbidas que xurdan. Posteriormente e vía correo electrónico tamén se poden expor dúbidas sobre os temas expostos en clase. En cada tema haberá un foro/chat no campus virtual para as dúbidas que poidan xurdir.
Durante os talleres realizarase atención personalizada para resolver as dúbidas e problemas que lle xurdan ao alumno.
O alumno conta co apoio do profesor para a dúbidas que poidan xorder na resolución dos casos clínicos.
A atención personalizada en forma de titorías desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor/a. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías", ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes do campus virtual, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia, de ser pertinentes.