Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 A proba mixta constará de dúas partes que representan os seguintes porcentaxes na cualificación final:
a.) 50%: proba de resposta múltiple que constará de 40 preguntas con 5 respostas das cales só unha e correcta. As preguntas incorrectas restarán o 33.33% do seu valor.
b.) 20%: resolución de casos clínicos. O número de casos na proba escrita final oscilará entre 2 e 3 casos clínicos.
70
Estudo de casos A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 A avaliación de casos clínicos propostos levarase a cabo pola resolución das cuestións planteadas e pola exposición do mesmo. 10
Obradoiro A102 B24 B25 B28 B30 B36 C9 C16 Avaliarase en función da asistencia e a participación do alumno nas actividades a realizar nos seminarios. Entre outros aspectos avaliarase o traballo de forma colaborativo, a capacidade de xestionar a información e a capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. 20
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

Sistema de cualificacións

0-4.9=Suspenso,

 5-6.9=Aprobado, 

7-8.9=Notable, 

9-10=Sobresaliente, 

9-10 Matrícula de Honra (Graciable).

 
Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9.5. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matrícula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matrículas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral dos casos clínicos, e por último a nota dos talleres.

Os traballos plantexados nos obradoiros requiren a presencialidade do alumno (agás as situacións que se consideran a continuación) e a entrega das tarefas realizarase no campus virtual. No caso de que o alumno non acuda ao obradoiro poderá entregar as tarefas cunha penalización do 40% no obradoiro ao que non asita.

necesario aprobar a proba obxectiva para que se poidan aplicar os porcentaxes de cualificación. Se o alumno no aproba a proba obxetiva na accta constará a nota da proba obxectiva.

Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso), alumnos SICUE/ERASMUS/DANUDCe dispensa académica: a avaliación dos talleres realizarase pola entrega dos exercicios expostos en cada taller no campus virtual. Nestes casos, a presentación oral dos casos clínicos será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Alumnos con segunda matrícula e posteriores (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso): a avaliación dos talleres manterase da matrícula anterior. Poderase subir a nota volvendo realizar os exercicios expostos nos talleres nesa matrícula. A realización dos estudos de casos serán opcionais para os alumnos en segunda matrícula ou posteriores. Se os alumnos elixen non realizar os casos clínicos, os porcentaxes de avaliación serán 70% proba mixta e 30% a nota acadada na anterior convocatoria en obtadoiros e traballos. Se o alumno decide realiazar os casos clínicos os porcentaxes de avaliación serán 20% nota dos obradoiros na convocatoria anterior, 10% estudo de casos e 70% proba mixta. A presentación oral dos casos clínicos, en caso de decidir presentalos, será acordada co alumno/a sen ter que ser ou día que lle corresponde. A avaliación da proba obxectiva realizarase seguindo as indicacións desta guía.

Oportunidade adiantada de avaliación: o alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispondrá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da calificación final.

Considerarase non presentado: aquel alumno que entregue menos do 50% dos exercicios expostos no taller, non resolva os casos clínicos planteados e non asista ao exame final.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.