Estudo de casos |
A100 A101 A102 A103 A105 A111 A112 |
Resolución de casos clínicos cuxo motivo de consulta é patoloxía do pé asociada ao exercicio físico ou á práctica deportiva.
Os casos conteñen unha descrición con datos clínicos a partir dos cales o estudante deberá responder a cuestións relacionadas co diagnóstico e co tratamento. Os casos clínicos supoñen un 40% da cualificación final. |
40 |
Seminario |
A100 B24 B25 B34 |
Nos seminarios desenvolveranse actividades que ha de elaborar o alumnado de maneira individual ou en grupo e entregar en tempo en forma tal e como estará descrito no apartado correspondente da materia no Campus virtual da UDC. En cada seminario especificarase o obxectivo da mesma, os requisitos de formato e a súa puntuación correspondente. Para que as actividades sexan cualificadas e computen na cualificación final o alumnado debe asistir e participar nas actividades planificadas nos seminarios
Os alumnos/as matriculados a tempo parcial, que soliciten nesta metodoloxía dispensa académica, terán asignadas actividades similares que realizarán en modo non presencial.
As actividades dos seminarios presenciais como os non presenciais representan un 20% da cualificación final. |
20 |
- Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas clínicas e superar o exame teórico (cunha calificación mínima do 50% do seu valor total). O exame teórico comprende a proba obxectiva (25%) e o estudo de casos (40%)
- As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación do exame (non é necesario obter o 50% de cada parte; pódese obter o 50% con calquera combinación entre a porcentaxe da proba obxectiva e os casos clínicos).
- No caso de non presentarse ou non superar o exame na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación do exame. A cualificación que figurará na acta, en caso de non superar o exame, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación.
- En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións da metodoloxía práctica e os seminarios do curso inmediatamente anterior ao vixente (para a materia do plan de estudos de 2019).
A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente ao exame ou non realice o 100% das prácticas clínicas. - A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con cualificación con opción a matrícula que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora #de acordo con os interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación final igual ou superior a 9.0, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación final mínima, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
- Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización das prácticas clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/para realizará de forma autónoma (dispensa académica), e sen asistir ás sesións presenciais de traballo en grupo, presentando os traballos a través do Campus Virtual UDC e cun seguimento de atención personalizada en horario de titorías. O peso das actividades non presenciais é o mesmo que para as actividades presenciais da metodoloxía.
- Os estudantes SICUE, ERASMUS e BILATERAL poderán optar pola avaliación da matrícula ordinaria ou polas condicións da matrícula a tempo parcial.
- Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recolleitos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final
- PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento
- Realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, supoñerá directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: el alumno será cualificado con "suspenso" (cualificación numérica 0) na correspondiente convocatoria do curso académico, tanto se a infracción cométese na primeira oportunidade como na segunda. Para iso, modificarase a súa cualificación no informe de primeira oportunidade, en caso de ser necesario.
|