Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Quiropodoloxía 1 | Código | 750G02125 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | |||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | ||
|
Materias que continúan o temario | ||||||||||
|
Observacións | |
GRABACIÓ, FOTOGRAFIAS E COPIAS. Non se poderán gravar nin fotografar, nin as clases, talleres, exposición de traballos, prácticas de laboratorio nin outros materiais ou actividades relacionados coa docencia da materia, salvo naqueles casos excepcionais nos que a docente outorgue a súa autorización expresa e as persoas interesadas dean o seu consentimento. IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas para configurar o cronograma de prácticas, polo que será básico asistir a esta primeira clase da materia. O alumnado terá que asistir ás prácticas de laboratorio provisto de bata branca, lentes de protección, máscara, bolígrafo, caderno e tesoiras multiusos. Previamente á realización dalgunha das prácticas informarase o alumnado para que poida adquirir puntualmente certo material necesario para efectuar a práctica. Para un mellor aproveitamento das prácticas é recomendable que o alumno/a dispoña do seguinte instrumental: Mango de bisturí do nº 3 e follas de bisturí do nº 15, pinzas de disección s/d, mosquito s/d, porta-agullas, cizalla, gubia fixa. Obxectivos de desenvolvemento sostible: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": • A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de realizalos en papel, non se empregarán plásticos, a impresión será a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores. • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural @teniendo en cuenta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais • Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. • Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia, (usar linguaxe non sexista, propiciar a participación de alumnos/as en clase, cando sexa posible utilizar bibliografía de ambos os sexos) e fomentaranse valores de respecto e igualdade. PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel que se obteña a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese dar lugar tras o correspondente procedemento MATERIAL DOCENTE. Tanto o material empregado na aula, como o dispoñible no campus Virtual e TEAMS da materia está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual), e ponse ao dispor dos estudantes matriculados na materia, exclusivamente para o seu uso persoal. Calquera extracción destes materiais para poñelos ao dispor de terceiros por calquera outro medio (fotocopiadoras, correo electrónico, páxinas web etc.)/ etc.), é un acto ilícito que conlevará as medidas legais e disciplinarias pertinentes, considerándose unha falta grave ou moi grave de acordo ao Regulamento Disciplinar do Estudantado da Universidade da Coruña e una infracción grave ou moi grave da lei da propiedade intelectual. |