Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Conceptos Xerais de Cirurxía | Código | 750G02127 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os contidos teóricos básicos da materia serán impartidos mediante lección maxistral, pero cun enfoque participativo por parte do estudante. |
Obradoiro | Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Aprendizaxe colaborativa | Desenvolvemento dunha ou máis actividades e un traballo tutelado de modo colaborativo relativo aos contidos da materia, non só sumando talento individual, se non aprendendo a construír un grupo con capacidade para resolver problemas, localizar información baseada na última evidencia e ofrecer respostas creativas ante os novos escenarios que poidan atopar. |
Prácticas de laboratorio | Usarase a metodoloxía de aprendizaxe práctica-reflexiva para a realización obrigatoria das prácticas da materia. |
Proba obxectiva | Exame teórico presencial con 40 preguntas tipo test. A proba será elaborada co fin de valorar o nivel de coñecementos teóricos do estudante. Por iso este exame realizarase sobre a totalidade dos contidos da materia e todos os contidos desenvoltos tanto nas sesións maxistrais, como nos talleres e nas prácticas de laboratorio e que serán publicados no Campus Virtual da materia. |