Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Conceptos Xerais de Cirurxía | Código | 750G02127 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A118 A121 A123 C11 | Avaliarase en función da asistencia activa nos mesmos e do desenvolvemento das tarefas. | 10 |
Aprendizaxe colaborativa | A118 A121 A123 B26 B35 B39 C15 C11 | A realización do traballo tutelado e actividades é obrigatorio. Valorarase: adecuación ao guión solicitado, integración de coñecementos teóricos básicos na aplicación práctica, estilo, bibliografía e grado de implicación de cada ún dos membros do equipo de traballo durante o desenvolvemento dos mesmos nas sesións interactivas. | 15 |
Proba obxectiva | A117 A118 A121 A123 | Exame con 40 preguntas tipo test. INSTRUCIÓNS DO EXAME TEST: -Cada pregunta test respondidas de forma incorrecta descontará o valor de 1/3 dunha pregunta correcta. En cada pregunta test só hai unha resposta totalmente correcta. NORMAS XERAIS DO EXAME: - Depositar carteiras, maletíns, bolsos, abrigos, apuntamentos e dispositivos electrónicos (incluíndo teléfonos móbiles e reloxos de calquera tipo) nos percheros e mesas do fondo da clase. - Non portar pantalóns curtos nin saias e levar pelo recolleito, cos pavillóns auditivos visibles. - Durante o exame na mesa só deberán de estar o exame, a tarxeta identificativa do estudante (DNI ou tarxeta UDC) e un máximo de 2 bolígrafos azuis non borrables. - A copia e o acceso con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles (incluíndo teléfonos móbiles, auriculares e reloxos de calquera tipo) será causa suficiente de expulsión da proba o que implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia (en ambas as oportunidades). - Non escribir baixo ningún concepto na mesa nin mobiliario da aula. - Poderánse ampliar estas normas para asegurar o axeitado desenvolvemento da proba, sempre e cando se notifiquen previamente polo campus virtual. |
60 |
Prácticas de laboratorio | A117 A118 | Avaliarase o proceso de aprendizaxe práctica-reflexiva de xeito individual ou colectivo, en función da práctica. | 15 |
Observacións avaliación | |||
Para superar a materia é necesario obter unha media de 5 sobre 10 na cualificación global da materia, asistir e superar a totalidade das prácticas de laboratorio, superar as tarefas propostas e a proba obxectiva. Por tanto, se non se supera algunha das partes, non se sumarán as cualificacións relativas ao resto de apartados e a cualificación será "SUSPENSO", cunha nota numérica igual á parte suspensa, ou en tal caso á media das partes suspensas. Non presentado: aqueles estudantes que non acudan á totalidade das prácticas, obterán a cualificación de non presentado, independentemente de se o alumno preséntase ou non a proba obxectiva e a cualificación na mesma. Matricula Parcial: O alumnado debe informar o profesorado desta situación como moito ata un mes despois do inicio das clases. Neste caso o estudante poderá avaliarse pola modalidade ordinaria ou pola modalidade alternativa na que a proba obxectiva supoñerá o 60 %, as prácticas de laboratorio o 20% e a aprendizaxe colaborativa o 20% (que nese caso farase de xeito individual). Sendo necesario superar o exame e a totalidade das prácticas para superar a materia. Dispensa académica: O alumnado debe informar o profesorado desta situación como moi tarde un mes despois do inicio das clases. Neste caso a porcentaxe de asistencia aos seminarios e clases será levado á proba obxectiva, polo que a proba obxectiva supoñerá o 70 %, as prácticas de laboratorio o 20% e a aprendizaxe colaborativa (que neste caso realizarase individualmente) o 10%. Sendo necesario superar o exame e a totalidade das prácticas para superar a materia. Matricula de Honra: poderá adxudicarse a aqueles estudantes cunha cualificación igual ou superior ao 90% do total da materia con cualificación de sobresaliente tanto na práctica de laboratorio como na proba obxectiva, quedando en todo caso, a criterio do profesorado da materia. No caso de que haxa cualificacións iguais que cumpran os requisitos nun número superior á posibilidade de MH realizarase un exame oral de 5 preguntas. Segunda oportunidade: O alumno presentado a 2ª oportunidade previa realización e superación das prácticas de laboratorio, aplicaranse os mesmos criterios e porcentaxes que na primeira oportunidade, e terá que realizar e superar a proba obxectiva. O alumnado que non realizou e superou as prácticas de laboratorio, para superar a materia terá que realizar obrigatoriamente e superar estas prácticas no seguinte curso académico, tendo en conta que pode volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só as partes que non realizou e as que non superou con apto. 2ª e posteriores matrículas: O alumno que cursase a materia un ano e non supere a materia, gardaráselle as notas das partes superadas tendo que repetir as partes non superadas. PLAXIO En caso de plaxio, aplicarase o seguinte:
|