Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Cirurxía Podolóxica 1 | Código | 750G02128 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral realizada polo profesor e aberta á participación do alumno con introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios e bibliografía documental. Esta metodoloxía desenvolverase nos horarios establecidos. |
Obradoiro | Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Prácticas de laboratorio | Traballo en grupo a través da participación activa do alumno, mediante a realización metodolóxica de técnicas, procedementos e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados cos contidos da materia. Estas prácticas comprenden entre outras, de simulación sobre modelo animal de técnicas propias de cirurxía do pé. Será obrigatoria a asistencia ao 100% destas prácticas para todo o alumnado matriculado nesta materia. |
Traballos tutelados | Aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor a través de traballos de grupo, onde se traballa a sistemática de procura de información e manexo de ferramentas telemáticas. |
Proba mixta | Proba obxectiva que consiste en formular unha pregunta directa con varias opcións de resposta ou alternativas que acheguen posibles solucións, das cuales só unha é válida. |