Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Cirurxía Podolóxica 2 | Código | 750G02129 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas participativas con importante apoio audiovisual. A través da plataforma virtual da UDC ofreceranse materiais didácticos para apoiar os contidos do temario. A exposición oral compleméntase co uso de ferramentas audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de reflexionar sobre os coñecementos aprendidos. A participación e achega activa e con criterio que denote coñecemento e seguimento dos conceptos teóricos explicados na aula cualificarase con 1 punto sempre que, a criterio dos docentes, haxa constancia desta participación nos controis periódicos que levarán a cabo. A mera asistencia sen participación e/ou achegas insuficientes, fóra de contexto ou erróneas non computará na avaliación final (0 puntos). |
Prácticas de laboratorio | A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade e o seu obxectivo é que o alumnado desenvolva unhas habilidades básicas no manexo de instrumental cirúrxico e coñeza aqueles aspectos básicos de interese que forman parte do protocolo prequirúrgico. A ausencia a ditas prácticas só xustificarase en caso dalgunha das seguintes causas, debidamente acreditadas (xustificante médico Sergas ou Servizo Nacional Público de Saúde) imprescindible que deberá entregarse antes de transcorridos 7 días de ausencia ao profesor responsable da materia), enfermidade ou lesión que incapacita para realizar a práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Senado ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica. O alumnado terá dereito a non recuperar ata un máximo de 1 práctica, un maior número de ausencias xustificadas ou a existencia de ausencias inxustificadas suporá o suspenso da materia. O alumnado deberá asistir ás prácticas de laboratorio incorporándose ao grupo que lles sexa asignado. Realizarase un control de asistencia no que o alumnado deberá asinar. A firma é a garantía da asistencia á práctica, polo que a ausencia desta pode entenderse como falta á práctica de laboratorio. A puntualidade ás prácticas e ter un comportamento adecuado durante as mesmas cumprindo coa normativa da UDC é de obrigado cumprimento polo que se penalizarán as reiteradas faltas de puntualidade podendo chegar a supor o suspenso da materia. AVISO: É requisito imprescindible acudir a eles con bata ou pixama branco e bolígrafo. |
Seminario | Os seminarios traballarán aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades en grupos e / ou cuestionarios tipo test que servirán para profundar nos contidos da materia. Tamén será posible traballar con textos en inglés e / ou español indistintamente. En ocasións o traballo realizado nos seminarios verase reflectido na entrega e presentación dunha actividade individual ou grupal. A asistencia aos seminarios e a realización das actividades puntuadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade e non poden ser recuperadas nin substituídas por outra actividade da materia sendo necesaria para chegar á metade da puntuación total dos seminarios para aprobar a materia. En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumno/a deberá responder a un cuestionario tipo test relacionado coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios da materia. A ausencia aos seminarios só xustificarase en caso dalgunha das seguintes causas, debidamente acreditadas (xustificante médico Sergas ou Servizo Nacional Público de Saúde) imprescindible que deberá entregarse antes de transcorridos 7 días de ausencia ao profesor responsable da materia), enfermidade ou lesión que incapacita para realizar a práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data do seminario, asistencia a unha sesión do Senado ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data do seminario. En caso de ausentarse justificadamente do seminario, o alumno terá dereito a non recuperar ata un máximo de 2 ausencias, estando aínda xustificadas un maior número de ausencias ou a existencia de ausencias inxustificadas suporá o suspenso da materia. Todo o alumnado deberá asistir aos seminarios uníndose ao grupo que foi asignado. Haberá control de asistencia. A puntualidade na asistencia é obrigatoria polo que se rexistrarán os atrasos. A falta de puntualidade será sancionada e pode dar lugar ao suspenso da materia. |
Traballos tutelados | Realizarase e exporá un traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado con algún dos apartados do temario e/ou relacionado coa cirurxía podológica. As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse ao comezo do cuadrimestre e publicarase na plataforma virtual da UDC. Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compón o grupo de traballo tutelado considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición, capacidade de explicar adecuadamente o tema tratado. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o traballo tutelado. A non realización do traballo tutelado supón o suspenso da materia. Neste caso o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a un cuestionario tipo test relacionado cos traballos tutelados realizados por todo o alumnado. |
Proba obxectiva | Realizarase unha proba presencial obxectiva tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico. Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que os profesores indiquen e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva. Cara á metade do cuadrimestre en data que será notificada aos alumnos e publicada con suficiente antelación realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno. Esta proba parcial será tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumno non terá nin poderá volver examinarse dos contidos xa avaliados e superados. Esta proba parcial liberatoria ten un valor do 25% sobre o porcentaxe total da proba obxectiva. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial. As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia. |