Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Cirurxía Podolóxica Avanzada | Código | 750G02130 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A123 B36 B37 B39 C14 C16 C17 | Avaliarase tanto a asistencia como a realización das diferentes actividades programadas | 10 |
Traballos tutelados | B24 B25 B26 B30 B31 C9 C11 C15 | Na cualificación do traballo considerarase a idoneidade do tema escollido, o rigor científico, a capacidade de síntese e de crítica e a adecuación da bibliografía consultada. A avaliación da presentación oral do traballo tutelado realizarase tendo en conta os seguintes puntos: presentación do caso (modo de expresión, uso das tecnoloxías da información e capacidade de comunicarse), e a calidade e capacidade de dar resposta dás preguntas realizadas despois da exposición e en relación ó caso. | 10 |
Proba de resposta múltiple | A117 A122 A123 A124 A126 A127 A130 B24 B25 | O alumno deberá realizar unha proba con preguntas tipo test con resposta múltiple (con 4 ou cinco opcións), sendo solamente unha das opcións correcta. Cada resposta correcta valerá 1 punto, e por cada 3 preguntas incorrectas, se restará 1 punto. O aprobado do exame estará na metade das preguntas do exame, unha vez descontadas as negativas. É necesario aprobar o exame para poder aprobar a materia. As respostas serán evaluadas únicamente na plantilla de respostas do examen. |
80 |
Observacións avaliación | |||
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente, 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). Outorgarase Matrícula de Honra Graciable, ao alumno coa maior puntuación global sempre que sexa maior de 9.5. No caso de que o número de matrículas que se poidan outorgar sexa menor que o número de alumnos coa maior puntuación global, outorgarase matrícula de honra a aqueles alumnos coa maior nota no exame. Se continua sendo menor o número de matriíulas de honra que se poden outorgar terase en conta a nota da presentación oral do traballo tutelado, o traballo tutelado escrito e por último os días de asistencia a clase. Alumnos con matrícula a tempo parcial (deben mandar e-mail ao profesor indicando a súa situación ao principio do curso) e dispensa académica: A presentación oral dos traballos tutelados será acordada co alumno/a, puidendo quedar exentos da misma (non así a realización do traballo que será obligatoria). Quedan dispensados da asistencia a prácticas, sustituindo ese item da avaliación por un traballo escrito. A avaliación da proba de resposta múltiple realizarase seguindo as indicacións desta guía. Considerarase non presentado: aquel alumno que non realice o traballo tutelado nin a presentación oral e non asista ao exame final. IMPORTANTE: Para aprobar á asignaturá será imprescindible aprobar a proba de resposta múltiple e ter realizados os traballos tutelados así como a presentación oral. A asistencia a clase e os obradoiros non é obrigatoria, máis é recomendable, e poderán ser tidos en conta de cara a puntuación final da asignatura. Para o alumnado de SICUE/ERASMUS que puidese acollerse á modalidade de avaliación, a avaliación valorarase procurando evitar a coincidencia con outra materia que cursen simultaneamente. |