A materia BASES PARA A INTERPRETACIÓN DO
COÑECEMENTO CIENTÍFICO APLICADAS CONSTA DE 3 bloques:
- Busca de
Información e Comunicación Científica. (1 ECT). (Prof. María Sobrido
Prieto)
- Metodoloxía
da Investigación Cuantitativa. (1 ECT). (Prof. María Teresa
Seoane Pillado / Prof. Sonia Pértega Díaz)
- Metodoloxía
da Investigación Cualitativa. (1 ECT). (Prof. Sara Fernández Basanta)
A materia será avaliada globalmente de acordo
coas porcentaxes seguintes:
i) Proba obxectiva (50%
da cualificación):
Realizarase unha proba escrita na data oficial do exame da materia, que poderá
constar de preguntas test, preguntas de resposta breve e/ou exercicios de
cálculo relacionados cos contidos teóricos, as lecturas propostas e os
problemas expostos no desenvolvemento da materia. Calificarase de 0 a 10
puntos, sendo imprescindible obter 5 puntos ou máis para superar a materia.
ii) Traballos prácticos (50% da
cualificación): Proporase un traballo
práctico que deberá resolverse en grupos pequenos. Será cualificado de forma
independente con respecto ós contidos de cada un dos tres bloques, de 0 a 10 puntos,
sendo imprescindible obter 5 puntos ou máis no traballo proposto en cada bloque
para superar a materia. A cualificacion final nesta metodoloxía será o promedio
das cualificacións das tres partes das que constará o traballo final.
Para superar a materia será
necesario ter aprobada a proba obxectiva, así como cada
un dos traballos prácticos que se pidan como parte da avaliación continua. No
caso de non acadar os 5 puntos na proba obxectiva, ou no traballo práctico en
algún dos tres bloques, a nota que figurará na acta será a media ponderada segundo as porcentaxes descritas, se esta é inferior a 5, ou en caso contrario constará unha calificación de 4.
Por limitacións da plataforma, o contido
deste punto é orientativo. Nos primeiros días de clase as docentes comentarán detalladamente
o proceso de avaliación.
MATRÍCULA DE HONRA
Poderán optar a Matrícula de Honra o alumnado
coas cualificacións máis elevadas cuxa nota supere os 9 puntos. As
docentes da materia poderán considerar criterios adicionais en caso de igualdade
de condicións e tendo máis aspirantes que matrículas. Os aspirantes poderán ser
convocados a unha proba voluntaria obxectiva para asignar matrícula de honra ás
mellores cualificacións
NON PRESENTADO
A cualificación de Non Presentado corresponderalle
á/o alumna/ou que non se presente á proba obxectiva de avaliación.
ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA:
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O sistema de avaliación
descrito aplicará ao alumnado de 1ª matrícula tanto en 1ª como en 2ª
oportunidade. Na 2ª oportunidade manteranse aprobados os traballos
prácticos que se teñan superados na 1ª oportunidade dentro da mesma
convocatoria. De igual modo, se é o caso, manterase o aprobado da proba
obxectiva entre oportunidades da mesma convocatoria.
En 2ª oportunidade, poderase realizar o traballo práctico de forma individual, logo da autorización polas docentes da materia.
SEGUNDA CONVOCATORIA E SUCESIVAS
O alumnado de segunda convocatoria e
sucesivas deberá poñerse en contacto coas profesoras ó inicio do cuadrimestre. O
sistema de avaliación descrito aplicará ó alumnado en 2ª matrícula ou
posteriores. No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se
conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores, podendo realizarse o traballo práctico de forma individual, logo de autorización polas docentes da materia.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
Os criterios son os establecidos nas
"Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario", artigo 19.
SICUE, ERASMUS e BILATERAL
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que
o descrito para o alumnado de convocatoria ordinaria.
FRAUDE
A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.