OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a acadar un contorno inmediato sostible e
cumprir co V Plan de Acción do Programa Green Campus (2023-2025):
- A entrega
dos traballos documentais que se leven a cabo nesta materia farase a
través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso
de facerse en papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a
dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de
borradores.
- Débese
facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e
profesional.
IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN: -Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. -Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas |