Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticum II | Código | 750G02135 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | As prácticas clínicas consisten na participación paulatina e supervisada do estudantado no proceso de atención podolóxica integral con pacientes reais que son atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Servizo Galego de Saúde de Ferrol ou outras entidades. O estudantado participará activamente, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión dos datos clínicos, o exame físico, o manexo de probas complementarias e a súa interpretación, o diagnóstico, prevención, prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos distintos tratamentos, así como o seguimento das patoloxías tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito, participará activamente nas sesións clínicas dos servizos. Tamén poderá participar e desenvolver actividades propostas polo profesorado fóra da Clínica Universitaria de Podoloxía, como en centros do Servizo Galego de Saúde ou outras entidades. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. Só se xustificará a ausencia ás prácticas no caso de que concorra algunha das seguintes causas (recollidas no artigo 12 das Normas para a avaliación, revisión e reclamación de títulos para estudos universitarios de grao e máster, aprobadas polo Consello de Goberno da UDC), debidamente acreditada (con constancia datada o mesmo día da ausencia que deberá ser entregada á administración da CUP antes de 3 días da ausencia): enfermidade ou lesión que incapacite para a práctica, falecemento de familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, a asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica. O estudantado terá dereito a non recuperar ata un máximo de 3 prácticas. Un número superior a 25 horas en ausencias xustificadas ou a existencia de ausencias inxustificadas dará lugar á suspensión da asignatura. Calquera caso que se presente dentro dos límites desta regra poderá ser revisado polo profesorado do Practicum correspondente á asignatura vixente, debendo adoptarse unha resolución por unanimidade e coa condición de que o estudantado demostre a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación para Practicum II. Co fin de permitir a formación complementaria do estudantado, tamén se poderá recoñecer como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Para a participación neste tipo de actividades deberase entregar o certificado de asistencia antes de que transcorran 3 días dende a súa celebración e comunicar a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesorado responsable de impartir ese día e ao coordinador da asignatura. Entre estas actividades para as que se poden recoñecer un máximo de 4 faltas prácticas atópanse: Congreso Nacional de Podoloxía Xornadas Galegas de Podoloxía Congresos Internacionais de Podoloxía Congreso de Estudantes de Podoloxía Xornadas Laboralia Actividades do Plan de Acción Campus Verde Ferrol Outras actividades que poden ser valoradas polo profesorado desta asignatura Todo o estudantado debe asistir ao grupo no que está matriculado e, dado que deben asistir ás prácticas todos os días, non hai posibilidade de cambiar de práctica. Realizarase un control de asistencia diario ás prácticas mediante un rexistro a determinar ao comezo do curso. As ausencias previstas deberán ser comunicadas á coordinación da asignatura e ao profesorado correspondente para unha mellor organización das prácticas. Calquera ausencia xustificada deberá ser debidamente documentada coa causa e datas do día de ausencia, subíndoa ao campus virtual na tarefa creada para iso a máis tardar 3 días despois da ausencia. A puntualidade na asistencia ás prácticas é obrigatoria. Calquera hora de chegada posterior ás 9:15 constará, e a falta de puntualidade será penalizada e poderá dar lugar á suspensión da asignatura. Todos os procedementos e tratamentos serán supervisados polo profesorado responsable de cada práctica, quen establecerá o prazo para futuras visitas e/ou revisións. Durante todas as prácticas, cada estudante deberá levar pixama e calzado sanitario de cor branca, así como bolígrafo de 4 cores e gafas protectoras. Así mesmo, deberase respectar a normativa da CUP (http://www.udc.es/fep/cup), a lexislación vixente e o Código Ético da Podoloxía, especialmente no relativo ao segredo profesional e mantemento da orde e limpeza en todo momento. Nas primeiras xornadas lectivas presentarase a asignatura onde se detallarán todos os aspectos relacionados co desenvolvemento das prácticas. Todo o estudantado deberá enviar ao Campus Virtual da asignatura unha foto do DNI actualizada, unha folla de prácticas e a certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais nos prazos indicados polo coordinador. |
Portafolios do alumno | O traballo de portafolio do alumno constará das seguintes partes: I.- Elaboración dun portafolio: Incluíra unha revisión bibliográfica sobre unha patoloxía específica e as alternativas de tratamento dispoñibles dun caso clínico dos pacientes vistos polo alumno/a, utilizando as principais bases de datos científicas para cada un dos servizos: "QUIROPODOLOXÍA E CIRURXÍA" e "BIOMECÁNICA E ORTOPODOLOXÍA". Neste caso clínico, xustificaranse os procedementos realizados e valoraranse as alternativas en base á bibliografía e á evidencia científica atopada, incluíndo documentación fotográfica do mesmo (uso obrigatorio das cámaras da CUP). A metodoloxía do traballo detallarase ao comezo do curso na presentación da materia e no Campus Virtual. OBSERVACIÓNS: Os datos identificativos do paciente non deben mostrarse, debendo ocultarse en todo momento no documento. II.- Memoria das actividades do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía: IIa.- Memoria Servizo de COT Entrega da memoria cos seguintes apartados: 50% ou 5 puntos a) Identificación: Nome e apelidos, correo electrónico e grupo de Practicum b) Calendario do grupo de prácticas e lugar de realización c) Descrición detallada das actividades realizadas en: i. Unidade de Hospitalización ii. Consultas externas iii. Quirófano convencional iv. Quirófano de CMA (Cirurxía Maior Ambulatoria) v. Sesións clínicas Presentación da memoria no prazo establecido (15 días post-rotación): 10% ou 1 punto A extensión da memoria será de 5 folios como máximo. -Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación COT Análise crítica das tarefas realizadas durante a rotación: 10% ou 1 punto IIb.- Casos clínicos relevantes COT Descrición de 2 casos clínicos relevantes: 20% ou 2 puntos IIc.- Descrición da bibliografía consultada durante a rotación COT Descrición da bibliografía consultada durante a rotación: 10% ou 1 punto |
Proba obxectiva | Os días de xaneiro sinalados no calendario oficial de exames realizarase ao longo dos mesmos un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias que se van adquirir detalladas neste programa. O alumnado, por unanimidade, poderá solicitar mediante escrito oficial e asinado, a avaliación de cada servizo tras a rotación nel. Deste xeito, a avaliación dividiríase en dúas datas, unha a metade do cuadrimestre tras a rotación nun servizo e outra ao final tras a rotación no outro servizo. Esta modalidade de avaliación correspondería á 1a convocatoria e non sería recuperable na convocatoria da data oficial de xaneiro. Este exame será de carácter clínico práctico, con pacientes reais sen esquecer as bases da aplicación da teoría á práctica, polo que tamén se incluirá no seu interior unha proba escrita correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía do Pé. O exame será elaborado en consenso por todos os profesores de cada servizo. O tipo e a planificación do exame detallaranse polo menos 15 días antes da data do exame. Este exame constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, correspondentes ao servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía do Pé e outra parte correspondente ao Servizo de Patoloxía Mecánica e Tratamentos Físicos e Ortopédicos. Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das tres partes. |