Código Competencias / Resultados do título
A7 Coñecer e aplicar os principios de farmacocinética e farmacodinámica. Acción, efectos, reaccións adversas e interaccións farmacolóxicas. Descrición dos distintos grupos farmacolóxicos. Fármacos de uso habitual, indicacións e contraindicacións. Deseño de fármacos e desenvolvemento de medicamentos. Receitas. Estudos de toxicidade. Produtos naturais de utilización terapéutica. Vías de administración de medicamentos.
A10 Coñecer, valorar criticamente e saber utilizar as tecnoloxías e fontes de información biomédica, para obter, organizar, interpretar e comunicar información científica e sanitaria. Coñecer os conceptos básicos de bioestatística e a súa aplicación. Usar os sistemas de busca e recuperación da información biomédica e comprender e interpretar criticamente textos científicos. Coñecer os principios do método científico, a investigación biomédica e o ensaio clínico.
A12 Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. Filoxenia do aparato locomotor. O pé a través da historia. Desenvolver as técnicas de exploración física. Parámetros clínicos normais en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Técnicas de exploración clínica. Estudo das técnicas e forma de actuación podolóxica no ámbito sanitario.
A15 Coñecer os diferentes sistemas diagnósticos, as súass características e a súa interpretación, así como a manipulación das instalacións de radiodiagnóstico podolóxico e a radio protección*. Estrutura atómica da materia. Radioactividade. Interacción dos electróns e fotóns coa materia.
A16 Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Equipos de raios X. Magnitudes e unidades de formación de imaxes. Detección de radiacións. Control de calidade e calibración das instalacións de radiodiagnóstico. Radiobioloxía e radioprotección. Lexislación. Coñecer outras técnicas de obtención de imaxes diagnósticas do pé. Técnicas radiolóxicas. Interpretación radiolóxica.
A17 Identificar e analizar os problemas de saúde do pé nos diferentes aspectos ambientais, biodinámicos e sociais, así como unha aprendizaxe relativa á avaliación dos feitos cientificamente probados e á análise dos datos en xeral, para aplicar a Podoloxía Baseada na Evidencia Científica.
A18 Coñecer e aplicar estratexias de prevención e educación para a saúde en podoloxía. Saúde laboral podolóxica. Prevención de riscos laborais en podoloxía. Saneamento e desinfección. Métodos de educación sanitaria podolóxica. Deseñar e avaliar os programas de educación para a saúde. Podoloxía preventiva. Antropoloxía da Saúde e da Enfermidade.
A19 Coñecer e identificar os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podolóxica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparato locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. Identificar as lesións dermatolóxicas e o seu tratamento. Coñecer e aplicar a Farmacoloxía especifica de uso podolóxico.
A20 Coñecer e desenvolver as técnicas de exploración, para emitir un diagnóstico e pronóstico, e deseñar o plan de tratamento ortopodolóxico da patoloxía da extremidade inferior. Traumatismos óseos e músculo ligamentosos. Patoloxía do antepé e do retropé. Deformidades conxénitas. Lesións neurolóxicas. Amputacións. Asimetrías.
A22 Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e digital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior.
A23 Coñecer e aplicar os métodos físicos, eléctricos e manuais na terapéutica das distintas patoloxías do pé. Vendaxes funcionais. Terapia da dor e inflamación no pé.
A27 Coñecer e empregar o instrumental en cirurxía e quiropodoloxía, os métodos de esterilización e a toma de mostras para cultivos.
A49 Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
A56 Utilizar elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análise epidemiolóxicos.
A62 Adquirir habilidades de traballo en equipo como unidade na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal relacionados coa prevención, avaliación diagnóstica e tratamento podolóxico.
A64 Identificar e integrar a práctica profesional desde o respecto á autonomía do paciente; describir os elementos propios do manexo da documentación clínica con especial atención ós aspectos de confidencialidade; identificar os criterios básicos de xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos.
A95 CE31 - Coñecer as instalacións de radiodiagnóstico aplicables en Podoloxía, os principios básicos do manexo de equipos de radiodiagnóstico e os principios e técnicas de radioprotección respectando a lexislación vixente
A131 CE67 - Aplicar nas Clínicas Podolóxicas Universitarias e centros acreditados os coñecementos adquiridos nos módulos previos durante a realización de prácticas preprofesionales que permitan ao alumno incorporar os valores profesionais e competencias dirixidas a: Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía Realizar a historia clínica e rexistrar a información obtida Aplicar as técnicas de exploración física, interpretar os resultados e integralos no proceso de diagnóstico Realizar as técnicas radiolóxicas propias da podoloxía no ámbito clínico Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. Emitir un diagnóstico e prognóstico Desenvolver a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos. Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos no ámbito clínico. Deseñar o plan de tratamento integral ou tratamento podolóxico e avaliar os resultados obtidos no ámbito clínico. Deseñar plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en podoloxía
A132 CE68 - Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno
A133 CE69 - Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais
A134 CE70 - Adquirir a capacidade de establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na atención sanitaria , prevención, promoción e protección da saúde, mediante a elaboración e interpretación de informes clínicos e plans de prevención e promoción de saúde podolóxica
A135 CE71 - Adquirir a capacidade de prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos no ámbito clínico integrado no plan de atención podolóxica
A136 CE72 - Adquirir capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía
A137 CE73 - Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía mantendo actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes na práctica profesional
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B12 Capacidade de xestión da información.
B13 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
B24 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B25 CB3 -- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B26 CB4 -Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B27 CB5 -Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B28 CG01 - Coñecer e aplicar os fundamentos teóricos e metodolóxicos da Podoloxía e Podiatría
B29 CG02 - Coñecer a estrutura e función do corpo humano en especial da extremidade inferior, semioloxía, mecanismos, causas e manifestacións xerais da enfermidade e métodos de diagnóstico dos procesos patolóxicos médicos e cirúrxicos, interrelacionando a patoloxía xeral coa patoloxía do pé.
B30 CG03 - Obter a capacidade, habilidade e destreza necesarias para diagnosticar, prescribir, indicar, realizar e/ou elaborar e avaliar calquera tipo de tratamento podolóxico, ortopodolóxico, quiropodolóxico, cirurxía podolóxica, físico, farmacolóxico, preventivo e/ ou educativo, baseado na Historia clínica
B31 CG04 -Adquirir unha experiencia clínica adecuada en cada un dos contidos podolóxicos, levados a cabo en Centros acreditados para a formación universitaria de Podoloxía, fomentando a interrelación e comunicación eficaz con pacientes, familiares, e membros do equipo multidisciplinar
B32 CG05 - Colaborar cos profesionais sanitarios especificamente formados na materia, na adaptación e uso de prótese e axudas técnicas necesarias, segundo as condicións físicas, psicolóxicas e sociais dos doentes
B33 CG06 - Adquirir a capacidade para realizar unha xestión clínica centrada no paciente, na economía da saúde e o uso eficiente dos recursos sanitarios, así como a xestión eficaz da documentación clínica, con especial atención á súa confidencialidade
B34 CG07 - Coñecer, deseñar e aplicar programas preventivos relacionados coa podoloxía e o fomento da atención podolóxica na poboación
B35 CG08 - Adquirir habilidades de traballo nas contornas educativo e investigador, asistencial-sanitario, así como en equipos uniprofesionais e multiprofesionais. Asesorar na elaboración e execución de políticas de atención e educación sobre temas relacionados coa prevención e asistencia podolóxica
B36 CG09 -Valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía utilizados na investigación relacionada coa podoloxía
B37 CG10 - Identificar que o exercicio da profesión está asentado no respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación
B38 CG11 -Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica, actuando sempre en base ao cumprimento das obrigacións deontolóxicas, da lexislación vixente e dos criterios de normopraxis, integrando os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C9 CT01 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C11 CT03 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C12 CT04 - Desenvolver o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero
C13 CT05 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C14 CT06 - Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables
C15 CT07 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social
C16 CT08 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C17 CT09 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos