Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticum III | Código | 750G02136 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 12 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podolóxica integral cos pacientes que sexan atendidos nos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria. |
Portafolios do alumno | Consiste no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, solicitude e interpretación de probas complementarias, elaboración de informes, elaboración de plans de tratamento etc.) para conseguir o desenvolvemento das competencias propias do futuro profesional. Toda a información relativa á elaboración e avaliación do portafolio facilitarase no anexo á guía docente que se entregará ao alumno/a ó longo das prácticas clínicas. A realización e entrega en tempo e forma do portafolio e obrigatoria. |
Proba obxectiva | Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas no programa da asignatura. Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados a práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes da data do exame. O exame constará de duas partes; unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos. Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado (maior ou igual a 5 sobre 10) en cada unha das partes. A porcentaxe de cada apartado da proba obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%), correspondendo ó 40% da calificación global da asignatura. |