Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Discusión dirixida |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Nas prácticas de laboratorio o profesor encargarase persoalmente de levar a cabo unha demostración e posteriormente revisar de forma individual a correcta execución da mesma por parte de cada estudante.
Na discusión dirixida e no estudo de casos clínicos, o profesor será o encargado de moderalo debate e de propoñelas preguntas que o promovan, así como de que cada un dos/as estudantes participe e se beneficie das ideas que todos/as aportan.
Estímase un total de 3 horas para a atención personalizada en forma de titorías nas que poder resolver todo tipo de dúbidas, con especial atención á resolución dos casos clínicos.
A atención personalizada levarase a cabo a través de medios preferentemente telemáticos (plataforma microsoft Teams, Campus Virtual ou correo electrónico) aínda que tamén terá lugar de forma presencial, nos horarios establecidos e/ou previa solicitude por parte do/a estudante. |
|