Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A102 A121 A124 B24 B35 B38 Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. 10
Proba mixta A125 B39 O exame poderá combinar preguntas tipo test, de resposta curta ou recoñecemento de imaxes. 80
Prácticas de laboratorio C14 C15 Realizaranse prácticas daqueles contidos que o requiran, tal e como se especifica no programa da materia.
As distintas probas exploratorias dos contidos da materia traballaranse individualmente, por parellas e por grupos.
10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é necesario: superar o exame con cualificación de aprobado (5/10)  e ter asistido ás prácticas e seminario.  En caso de non aprobar o exame, a cualificación da materia será a nota obtida no exame e non se poderá promediar co resto de apartados de avaliación.

A nota final fixarase numericamente entre 0 e 10, sendo 5 a nota mínima para aprobar.

Aqueles estudantes que obteñan unha nota superior a 9 poderán optar á matrícula de honra, que se realizará a proposta dos profesores da materia en función das cualificacións obtidas e a participación na aula.

A cualificación de non presentado: para aqueles estudantes  que non acudan ás probas nas datas sinaladas, non participando nas diferentes metodoloxías. 

2ª Oportunidade: os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade.

Os estudantes con Exención Académica/Matrícula Parcial: Os traballos realizaranse de forma individual, realizándose traballos adicionais que substitúan a asistencia ás clases maxistrais e seminarios.

FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

Segundo o  establecido na normativa da UDC:

1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo con a cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

5.-Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto lla comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

6.-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto lla comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".