Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e explicación por parte do profesor dos temas incluídos no programa con apoio de TICs. As devanditas presentacións faranse cunha dinámica participativa por parte do alumnado. O profesor será quen de autorizar, no seu caso, o uso de dispositivos e TICs polo alumnado durante as clases maxistrais.
Lecturas Recomendarase a lectura de textos académicos ou de actualidade, relacionados co contido da asignatura para que os estudantes os analicen, interpreten e os comprendan en base aos coñecementos e ás ferramentas da análise económica e social, que se estudian na materia.
Obradoiro Poderánse realizar obradoiros ou conferencias de participantes invitados/as, con persoas directamente relacionadas con proxectos ou experenzas que aporten coñecemento empírico sobre o contido da asignatura.
Estes oobradoiros poderán ser presenciais ou online.
Prácticas a través de TIC O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía.
Aprendizaxe colaborativa Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ou ben apoiándose nas TIC.
Proba de resposta múltiple Realizaranse na clase probas de resposta múltiple sobre os temas explicados (entregables), que los alumnos entregarán ao profesor ben de forma presencial ou a través de Moodle. Con estas probas preténdese sintetizar os coñecementos adquiridos, entrenar a comprensión das preguntas complexas de forma clara e aprender a contestar sintéticamente ás cuestións plantexadas.
Proba obxectiva Proba realizada ao final do curso que versará sobre o contido de toda a materia.