Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e
cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol" nesta materia deberán terse en conta as seguintes recomendacións:
1.- A entrega dos documentos porducidos nos obradoiros das sesión presenciais
que se realicen nesta materia: 1.1. Faranse en formato virtual e/ou soporte
informático 1.2. Entregaranse a través da plataforma do campus virtual, en
formato dixital, 2.- Se o alumno ten a dispensa que contempla a udc para non a
asistir as sesións presenciais, as produccións requeridas para a súa avaliación
se farán todas agrupadas nunha única entrega en papel e para facer un uso
sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural de forma que non se empregen plásticos e a impresión a dobre cara. 3.-
Nesta materia traballaráse para incorporar a perspectiva de xénero e
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influir na contorna
para fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Tamén facilitarase a plena
integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria, adaptando para elo a metodología de ensinanza-
aprendizaxe e a avaliación a cada caso particular. |