Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba práctica A6 A18 A26 A31 A35 B8 B9 B14 C4 C5 Propoñeranse a realización de prácticas, lecturas e análise de documentos, exposicións, etc., nalgún caso poderán facerse en grupo, procurando así unha aprendizaxe colaborativa entre os membros do grupo, e noutros teranse que facer individualmente.

Para calificar as prácticas dos obradoiros fáranse "obradoiros de control".


40
Proba obxectiva A6 A13 A14 A18 A19 B2 B3 B4 Farase unha proba obxetiva nas datas establecidas para exame final da asignatura que englobará os contidos da materia.
A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc.
60
 
Observacións avaliación

Este sistema de probas de avaliación continua (PACs) esixe a asistencia as sesións presenciais. A porcentaxe mínima de asistencia será do 70%, sen ter en conta as ausencias debidamente xustificadas, de acordo ao establecido pola normativa da UDC.

A proba obxectiva formularase en castelán e se poderá responder e calquera das linguas oficiais da UDC. En caso de desexala en galego, deberá indicarllo ao profesor una semana antes da súa realización. Non se poderán portar reloxos e teléfonos intelixentes.

As persoas que estudan con matrícula en réxime de estudo a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, aos que se lles recomenda seguir un plan de titorías personalizado, terán o mesmo sistema de avaliación que os estudantes a tempo completo, pero non terán a obriga da asistencia.

Cada unha das entregas e probas serán cualificadas sobre dez para facilitar a súa comprensión. A calificación final (CF) de APTO acadarase con 5 puntos, e será o resultado da seguinte operación:

CF= (Nota das PACs X 0,40) + (Nota da proba obxectiva final X 0,60).

A proba obxectiva. Se realizará 1 proba final obxectiva que será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas.  Esta  proba será obrigatoria (se non se realiza, a cualificación final será NP). O test desta proba será de resposta  pechada, con catro alternativas e soamente unha correcta. Os fallos restarán a carta parte dun acerto. Será necesario obter un 4, como mínimo, para poder engadila á cualificación media dos 3 obradoiros. En caso contrario, a cualificación final (CF) será exclusivamente a da proba obxectiva, sen ponderar.

Probas de Avaliación Continua (PACs). Se requirirá a asistencia e participación activa nas sesións presenciais e a resolución das prácticas propostas. Se realizarán 3 obradoiros de control,  un por cada un dos temas da materia (será unha proba de completar, facer gráficas e/ou V/F, con material, en V/F: un erro equivalerá á metade de 1 acerto). Cada falta de participación ou incumprimento respecto ao tempo ou forma das entregas, terá unha penalización do 5% na cualificación de cada obradoiro de control.  Se non se realizan os obradoiros, a cualificación final (CF) será exclusivamente a nota da proba obxectiva sen ponderar.

Segunda oportunidade: 

As cualificacións das diferentes metodoloxías de avaliación da primeira oportunidade da convocatoria soamente se manterán para a segunda oportunidade, na que se deberán cumprir os mesmos requisitos que se establecen para a primeira oportunidade.

Implicacións do plaxio:

A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o ou a estudante será cualificada con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b).