Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A14 A27 A31 A35 B2 B3 B4 C6 C7 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.)). Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Os alumnos con dispensa academica, solo deberan deberan entregar un traballo sobre un tema relacionado con tributos. O traballo se escollera entre diversas alternativas presentadas por o profesor
60
Solución de problemas A4 A14 A31 A35 B1 B2 B4 C3 C4 C5 Realización de actividades de carácter práctico (demostracións e/ou exercicios). Nalgúns casos poderán utilizarse os recursos de páxinas web oficiais (AEAT, MEH, Xunta de Galicia, etc.). 40
 
Observacións avaliación

Observacións xerais:

1) Plataforma virtual: Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos dela, usarase o Campus Virtual da UDC (Moodle).

2) Condicións na aula: Durante as clases non se poderá fotografar nin gravar a realización da clase con ningún tipo de dispositivo electrónico. A persoa que así o fixera, poderá ser expulsada da clase, pudendo tomarse futuras accións disciplinarias por parte d@ profesor@ ou o centro.

2) Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo previo aviso do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras programables durante la realización das probas presenciais.


Observacións sobre as convocatorias:

A) Convocatoria adiantada de decembro: @s estudantes que opten por facer a proba obxectiva (exame oficial) da convocatoria adiantada, a súa cualificación será o 100% da cualificación obtida nese exame.

B) Convocatoria de 1ª oportunidade: @s estudantes realizarán 2 probas prácticas de avaliación continua (PEC 01 e PEC 02) que ponderarán un total do 40% da nota final da materia. O exame oficial (proba obxectiva) ponderará o 60% restante da nota final da materia.

C) Convocatoria de 2ª oportunidade: @s estudantes que concorran á proba obxectiva de segunda oportunidade (exame oficial), poderán solicitar por correo electrónico a renuncia da avaliación continua obtida durante o curso, e facer o exame de 2ª oportunidade representando o 100% da nota da materia.

D) Dispensa académica: @s estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia quedan eximidos da realización das 2 probas prácticas de avaliación continua (PECs), e a súa cualificación será a obtida ao 100% no exame da proba obxectiva (exame oficial), tanto 1ª como na 2ª oportunidade.

E) Cualificación de Non Presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

 

Observacións sobre actos de fraude:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: @ estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica de 0) na convocatoria correspondente do curso académico (1ª e 2ª oportunidade), tanto se a comisión da falta se produce na 1ª oportunidade como na 2ª. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de 1ª oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b).